bug*
Erro de codificación dun sistema operativo ou dunha aplicación, comezouse a utilizar nos primitivos ordenadores de válvulas nos que os insectos (significado deste termo en inglés) que buscaban a calor, perecían polas altas temperaturas derramando ás veces algunhas das partes dos equipos. A palabra suxire que os erros poden ter unha vida propia, e estes poden ser polo menos de tres tipos: erros de sintaxe, nos que non se seguiron as regras da linguaxe de programación; erros semánticos, nos que o programador interpretou mal algún significado na linguaxe de programación; e erros lóxicos, nos que o programador especificou incorrectamente algún detalle de cálculo. Co tempo descubriuse un problema grave cun determinado tipo de erros que poden ser denominados erros de infraestrutura, nos que o programador é a víctima dalgunha instrución equivocada no sistema operativo ou nunha ferramenta de programación.