bugaku

bugaku
s m [ESPECT]

Danza palaciana xaponesa de orixe chinesa nacida no s VII. Existe un repertorio que consta dunhas cincuenta danzas de diversa temática e duración, moitas delas de orixe chinesa e coreana. Entre as características máis sobresaíntes deste xénero, a medio camiño entre a danza e o ritual, hai que subliñar o vestiario, as caretas, a música e unhas coreografías sumamente codificadas, seguindo unha tradición centenaria. Os espectáculos preséntanse en datas moi precisas e espacios moi concretos, como o Teatro Nacional de Toquio ou os mosteiros de Kyoto e Ōsaka, destacando polo seu esencialismo, en verdadeira consonancia coas orientacións estéticas da filosofía zen. O bugaku tivo unha certa incidencia na conformación do drama musical Nō, unha das xoias do teatro tradicional xaponés, nado no s XIV.