"batch" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Proceso que se realiza, de forma secuencial e automática, polo ordenador a través das ordes que lle transmite unha aplicación. Os programas deste tipo identifícanse pola súa extensión bat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica e produtora inglesa. Xunto co seu marido fundou a Halas and Batchelor Cartoon Films, coa que fixeron filmes de propaganda e as primeiras longametraxes de animación inglesa. Realizaron Animal farm (Rebelión na granxa), unha sátira baseada na obra de George Orwell. Dirixiron, entre outras, The pocket cartoon (O debuxo da bolsa, 1941), Magic canvas (As velas máxicas, 1951), History of the cinema (A historia do cine, 1956) e What is a computer? (Que é unha computadora?, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Foi profesor nas universidades de Harvard e Cornel en Ithaca. Foi o primeiro en cristalizar un enzima, a urease (1926). Das súas obras destacan Textbook of biological chemistry e Chemistry and methods on enzymes (1943). En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e W. M. Stanley, o Premio Nobel de Química, polo seu descubrimento sobre a cristalización dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO