Sumner, James Batcheller

Sumner, James Batcheller

Bioquímico. Foi profesor nas universidades de Harvard e Cornel en Ithaca. Foi o primeiro en cristalizar un enzima, a urease (1926). Das súas obras destacan Textbook of biological chemistry e Chemistry and methods on enzymes (1943). En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e W. M. Stanley, o Premio Nobel de Química, polo seu descubrimento sobre a cristalización dos enzimas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Canton, Massachusetts

  • Deceso

    Lugar : Buffalo, New York