Batchelor, Joy

Batchelor, Joy

Realizadora cinematográfica e produtora inglesa. Xunto co seu marido fundou a Halas and Batchelor Cartoon Films, coa que fixeron filmes de propaganda e as primeiras longametraxes de animación inglesa. Realizaron Animal farm (Rebelión na granxa), unha sátira baseada na obra de George Orwell. Dirixiron, entre outras, The pocket cartoon (O debuxo da bolsa, 1941), Magic canvas (As velas máxicas, 1951), History of the cinema (A historia do cine, 1956) e What is a computer? (Que é unha computadora?, 1970).

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Falecemento

    Lugar : Londres