"brabante" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de liño e fabricación manual procedente da provincia belga de Brabante.
-
REXIÓNS
Rexión histórica da Europa occidental, que comprendía aproximadamente as actuais provincias belgas de Brabante e Anveres, e a neerlandesa do Brabante Setentrional. Topograficamente é unha área inserida na gran chaira do N de Europa, aínda que a súa altura aumenta de N a S. A rexión está drenada por diversos afluentes do río Escalda e do Mosa, así como por numerosos canais entre os que destacan o canal Alberte e o de Kempenen en Bélxica e o de Wilhelmine nos Países Baixos. Ten solos arxilosos e moi fértiles, o que constitúe a base dunha agricultura e unha gandería florecentes. Os principais produtos son acelgas, ravos, cereais, plantas forraxeiras, árbores froiteiras e outros cultivos industriais. Na gandería destacan a ovina, a porcina e a cabalar. A poboación é urbana. Sobresaen as seguintes cidades: Bruxelas, Louvain, Nivelles, Anveres, Malines, ‘s-Hertogenbosch, Breda, Eindhoven e Tilburg. As densidades de poboación son moi altas: 661 e 550 h/km2 (1983) nas provincias de Brabante...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica, constituída por dous territorios (divididos segundo a comunidade nacional) e pola capital do país Bruxelas. A parte flamenga ten unha superficie de 2.106 km2 e unha poboación de 1.004.692 h (estim 1997). A zona valona ocupa unha superficie inferior, 1.091 km2, repartíndose neste espazo unha poboación de 341.565 h (estim 1997). A capital, Bruxelas, forma parte desta provincia, cunha poboación estimada no ano 1997 de 950.597 h nunha superficie de 162 km2. Os tres territorios son administrados polas institucións das súas respectivas comunidades; Bruxelas, polo seu carácter capitalino, é un municipio autónomo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia dos Países Baixos (5.082 km2; 2.304.094 h [estim 1997]). A súa capital é š-Hertogenbosch.
-
PERSOEIRO
Militar, conde de Glimes de Brabante e do Sacro Imperio. Durante a Guerra de Sucesión serviu a Filipe V e loitou en Xibraltar (1704-1705), Almansa e Tortosa (1711), onde acadou o grao de tenente xeneral e foi gobernador (1715). Capitán xeneral de Castela a Vella (1727) e de Catalunya (1735-1737 e 1738-1742), no 1746 concedéronlle o título de Grande de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escolástico. En oposición a Tomé de Aquino defendeu teses aristotélico-averroístas e neoplatónicas, como a da eternidade do mundo, a da causación inmediata por Deus, só dunha primeira intelixencia, ou a da existencia dun único intelecto axente para todos os homes. Contribuíu ao divorcio moderno entre a razón e a fe. As súas teses foron condenadas polo bispo de París.
VER O DETALLE DO TERMO