"brin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 70.

  • Toxalbúmina que inhibe a síntese proteica inactivando os ribosomas. É un aminoácido natural, o N-metiltriptófano, presente nas sementes da fabácea exótica Abrus precatorius na súa forma levóxira (L-abrina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de fibrinóxeno ou factor I da coagulación sanguínea no plasma. É unha afección hereditaria de carácter recesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto de pequeno tamaño de plástico ou de tea que se coloca debaixo do rato do ordenador para facer que este esvare suavemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome farmacéutico da acetanilida, derivado da acción antipirética da substancia. Introduciuse na medicina no 1866 e posúe unha toxicidade excesiva. É o membro principal dun grupo de fármacos usados como antipiréticos, entre os que se atopa o paracetamol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que inhibe a fibrinólise.

    2. Nome xenérico dos axentes que inhiben a fibrinólise bloqueando a activación do plasminóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor. Coñecido nos ambientes artísticos como Jambrina, escribiu diversas composicións poéticas, unhas aparecidas na Revista Gallega e outras reseñadas por Uxío Carré Aldao e Antonio Couceiro Freijomil. Non obstante , a súa principal achega á normalización cultural, que se iniciou a principios de século, terá lugar no eido das artes escénicas, pois foi un dos máis importantes animadores da Escuela Regional de Declamación, participando nos espectáculos Filla...! (1903), A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). En 1905 a Revista Gallega informaba dos problemas internos da compañía e anunciaba a marcha a Madrid de Bernardo, contratado pola Compañía de Borrás, habitual na programación do Teatro Principal da Coruña. Xunto con Eduardo Sánchez Miño, con quen coincidiría na Escuela Regional de Declamación, sería un dos primeiros actores con vocación e proxección profesional en Galicia. Entre a súa produción literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de liño moi forte e de fabricación caseira, que se emprega para forros ou para pintar ao óleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pequenos illotes do sector NO do arquipélago das Malveiras, situadas ao SO da illa de Cortegada, na ría de Arousa. Administrativamente pertencen ao litoral da parroquia de Carril (Vilagarcía de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de brincar.

    2. Broma ou burla feita coa intención de divertirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular aplicada aos cogomelos da especie Amanita muscaria, que acadan ata 15 cm de altura e teñen a superficie do sombreiro vermella con pequenas escamas brancas e, ao pé, o anel e a volva tamén brancos. O nome fai referencia aos efectos alucinóxenos desta especie, que foi empregada por certos pobos siberianos en cerimonias relixiosas; posiblemente teña relación co soma do Rig-Veda e coa persecución no s IV do priscilianismo e a micofobia que caracterizou o pobo galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Broma ou burla feita coa intención de divertirse, pero sen causar danos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa á que lle gusta realizar brincadeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar un ou varios saltos.

    2. Realizar cousas divertidas para entreterse e pasar o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto e efecto de brincar.

    2. Pendente formado por un aro e un colgante.

    3. Aro de metal que se lle pon ao porco no fociño para que non foce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Beber á saúde de alguén ou en honor dalgunha cousa, dalgún acontecemento, etc.

    2. Ofrecer algunha cousa a alguén.

    3. Ofrecerse alguén para algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de brindar, normalmente bebendo cos vasos ou coas copas.

    2. Discurso que se pronuncia ao brindar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Brindisi, na Puglia, Italia, situada á beira do Mar Adriático (94.029 h [1998]). Polo seu porto natural e profundo, canalízase o comercio cara ao Mediterráneo oriental e cara aos países de Oriente. Posúe aeroporto internacional. Primitivamente habitada polos gregos (Bρεντέσιον), Brindisi (Brundisium) foi conquistada polos romanos (266 a C) e convertida nun centro comercial e no porto de embarque cara a Grecia. Durante a Alta Idade Media perdeu moita importancia a causa das invasións bizantinas, lombardas e musulmanas e non volveu recobrala ata que foi conquistada polos normandos (1071). Foi destruída por un terremoto en 1456. Entre os seus monumentos cómpre destacar a fonte Tancredi, o castelo do s XIII e as igrexas de San Giovanni al Sepolcro, románica do s XI de planta circular, Santa Maria de Casale, románico-gótica do s XIV, e a catedral construída no s XIII e reedificada no 1799. Ten un museo arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Puglia, Italia (1.839 km2; 413.243 h [1998]). A capital é Brindisi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para determinar a dureza dun material que consiste en comprimir unha esfera de aceiro contra unha superficie plana do material; con isto prodúcese unha deformación en forma de casquete esférico. A dureza vén dada polo cociente entre a presión P da esfera e a superficie S da deformación provocada, e exprésase en graos Brinell.

    VER O DETALLE DO TERMO