"chamorro" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Política nicaraguana. Casou co activista demócrata Pedro Joaquín Chamorro. Logo de ser este asasinado (1978), substituíuno na dirección do xornal La Prensa, defensor das liberdades democráticas contra a ditadura. Á caída de Somoza (1979), foi uns dos membros do executivo da Xunta de Goberno de Reconstrución Nacional, pero dimitiu en menos dun ano ao adoptar unha postura crítica fronte ao Frente Sandinista Liberación Nacional (FSLN), maioritario no Consello de Estado. Apoiada pola conservadora Unión Nacional Opositora (UNO), foi Presidenta da República entre 1990 e 1997. En 1997 publicou as súas memorias Sueños del corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome e apelido de procedencia toponímica. No léxico común existe a voz chamorro co significado de ‘que está pelado ou rapado’ e ‘penedo redondo ou terreo con penedos’; por este motivo, é probable que a orixe do nome común e a do topónimo sexa a base preindoeuropea *mor ‘pedra’. O nome de lugar Chamorro faría referencia á natureza rochosa destes lugares, e podería derivar de flamma ‘chama’ e o sufixo prerromano -orro, que daría ‘monte queimado, sen vexetación’. Existe tamén unha etimoloxía popular para o topónimo de Ferrol: estando un náufrago en perigo de morte, invocou a Virxe coa frase “xa morro” que daría lugar ao actual nome. Como prenome feminino, introduciuse a raíz da devoción á Virxe de Chamorro, patroa dos mariñeiros. Ata mediados do s XIX denominábase Nosa Señora do Nordés, en alusión a este vento perigoso para os mariñeiros; posteriormente, adoptou a denominación de Virxe de Chamorro polo monte onde se sitúa. A ermida...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está pelado ou rapado, especialmente aplicado á cabeza.

    2. Monte sen vexetación e con moita pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Emigrado durante a ditadura de Primo de Rivera, ingresou na Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e participou nas loitas sindicais portuarias en Arxentina. Trala proclamación da Segunda República en 1931 regresou á Coruña e afiliouse á CNT e á FAI. A partir de 1933, militou nos Grupos de Defensa e cometeu diversos atentados contra as forzas da orde pública e os intereses burgueses. Trala sublevación militar de xullo de 1936, ocultouse na Coruña ata o Nadal, antes de marchar cara a Bilbao, onde foi responsable do Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Á caída de Bilbao, marchou á base naval de Cartagena, onde asumiu o cargo de secretario de Defensa Local e colaborou na fundación da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladado ao Marrocos francés ao final da guerra, formou parte da Resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT en Toulouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Estudiou no conservatorio de Madrid. Inicialmente cultivou o lied pero debutou en México con ópera e no Liceu de Barcelona (1969). Cun repertorio moi variado, gravou zarzuelas e lieder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Serantes (Ferrol) dedicado á Virxe de Chamorro. Construíuse sobre unha antiga rocha de abalar na que, segundo a tradición, se lle apareceu a Virxe a dous pastores. O edificio presenta unha planta de nave rectangular, con cuberta de madeira a dúas vertentes, e unha ábsida cadrada cuberta con bóveda de crucería do s XVI. Engadíuselle un pequeno vestíbulo (1687-1692). No interior consérvase un retablo barroco que alberga a imaxe da Virxe sedente co neno posterior ao s XII. Pegados á igrexa, está o camarín da Virxe, a sancristía e a antiga casa do ermitán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Violeta Barrios de Chamorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se lles bota aos froitos para evitar o seu roubo e que   provoca o inchazo dos beizos ao comelos.

    VER O DETALLE DO TERMO