"dición" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

  • Que se pode acondicionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acondiciona.

    2. Produto fabricado polas industrias cosméticas que se emprega para suavizar, dar brillo ao pelo e para facilitar o peiteado despois da aplicación do xampú.

    3. Aparello destinado a acondicionar o trigo por acción combinada e simultánea da calor, da auga e do aire; este método acelera considerablemente o proceso en comparación co método de frío.

    4. Produto que, engadido ao solo en pequena cantidade, agrega as partículas e mellora a estrutura. En xeral, os acondicionadores son polímeros de longa cadea lial parafínica, con grupos funcionais activos.

    5. Aparello para acondicionar o aire. A primeira parte do proceso consiste en filtrar o aire exterior mesturado co aire procedente do interior. De seguido, unha parte deste aire quéntase, mentres que o resto se enfría para eliminar a humidade. Con esta mestura, obtense aire cun grao de humidade inferior á do aire de entrada coa temperatura desexada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acondicionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arranxar algo ou poñer unha cousa nas condicións convenientes para o uso ao que vai destinado.

    2. Dotar un lugar pechado das condicións de humidade e temperatura desexadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia, inclinación forte, a algunha cousa.

    2. Dependencia psicolóxica e fisiolóxica cara ao consumo de drogas creadoras de hábito ou contra unha práctica fóra do control voluntario.

    3. Inclinación moi forte ao emprego continuo de certas aplicacións informáticas, á navegación por Internet, ou á utilización do ordenador, creándose en todos os casos unha forte dependencia física e psíquica, negativa para a saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de engadir, de agregar.

    2. Cousa engadida a outra.

    3. Operación consistente en facer corresponder a cada parella de elementos dun determinado conxunto outro elemento do mesmo conxunto, denominado suma. Nos números naturais, se A ten dous elementos, A = {a, b}, e B ten tres elementos, B = {c, d, e}, a reunión A∪B = {a, b, c, d, e} ten cinco elementos, 2+3 = 5. Nos números reais, o resultado da adición obtense sumando ou restando os valores absolutos dos sumandos segundo estes teñan o mesmo signo ou signo contrario. O signo da suma é + se os sumandos son positivos, e - se son negativos; se son de signo diferente, atribúeselle á suma o signo do sumando de valor absoluto máis alto. A adición ten sempre as propiedades conmutativa e asociativa.

    4. Título da propiedade industrial que acredita as melloras introducidas nas patentes xa rexistradas.

    5. Acumulación de efectos dun determinado número de estímulos illados subliminares que actúan sobre unha estrutura ata o punto de chegar ao cumio de excitación da tal estrutura.

    6. Composto que resulta dunha reacción química na que dúas moléculas se xuntan para formar, con todos os seus átomos compoñentes, unha molécula única.

    7. Nome xenérico das reaccións orgánicas nas que os elementos dunha molécula en xeral simple (sumando), adiciónanse sobre outra molécula que contén un enlace dobre ou tripla (substrato), fixándose sobre os átomos nos que o enlace múltiple existía. As reaccións de adición constitúen un dos tres grandes grupos nos que as reaccións orgánicas se poden dividir. Caracterízanse pola desaparición no substrato dun enlace mínimo e a formación de cando menos dous novos enlaces con outros tantos átomos ou grupos, que poden provir da escisión homolítica ou heterolítica do sumando, ou poden ter previamente unha existencia autónoma, no caso da adición de ións. As reaccións de adición comprenden reaccións tan correntes e importantes como as reaccións de hidroxenación, adición de alquenos ou alquinos, as adicións de halóxenos, as de hidroaloxenación, adición de haluros de hidróxeno, as de hidración, adición de auga, etc. Os estratos susceptibles de sufrir adicións son, en xeral, as substancias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode adicionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se engadiu, que constitúe unha adición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer a adición ou suma de calquera elemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial española fundada en Madrid no ano 1923 por Manuel Aguilar Núñez. Despois da Guerra Civil Española converteuse nunha das máis importantes en lingua castelá grazas ás coleccións de clásicos universais, nas que se inclúen tanto autores españois coma estranxeiros (Crisol e Obras eternas, etc). Publicou obras de todo tipo de xéneros, como antoloxías de teatro, libros de literatura infantil, unha enciclopedia lingüística, etc. Os atlas elaborados polo seu departamento de cartografía gozan de recoñecemento internacional. Editou tamén unha serie de discos literarios na colección La Palabra. En 1986 pasou a formar parte do grupo editorial Santillana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona no 1941 por A. Argullós e J. M. Calsamiglia. Especializada en Ciencias Sociais, publicou a versión castelá da Historia de España de F. Soldevila, tres volumes da Història dels catalans (1963-1966) e os primeiros volumes da Història de la literatura catalana (a partir do 1964) de Martí de Riquer e A. Comas. Tamén editou obras de Salvat-Papasseit e Màrius Torres. No 1974 fusionouse coa Editorial Seix i Barral.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de oír.

      2. Percepción de ondas sonoras por un animal. Implica sempre a existencia de órganos receptores, de nervios auditivos e de ganglios ou centros nerviosos que transforman o estímulo mecánico das ondas en sons. Para o home resultan audibles ondas de frecuencia comprendida aproximadamente entre os 15 e os 20.000 Hz, e ten a máxima sensibilidade auditiva para sons unhas 3.000 vibracións por segundo. Outros mamíferos superan amplamente esta gamma de frecuencias; algúns cetáceos chegan a percibir ondas de frecuencia comprendidas entre os 500 e os 140.000 Hz.

    1. Acción de facer en público un recital de versos, de canto ou un concerto musical.

    2. Calquera tipo de sesión ou programa radiofónico na que se exercita o sentido do oído.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elaboración de material impreso para a súa publicación mediante a aplicación de recursos informáticos. No ámbito publicitario, é preciso empregar programas específicos como QuarkXpress, Corel ou PageMaker, e un hardware suficientemente sofisticado que incluiría un potente ordenador, unha impresora profesional e un escáner.

    2. Sistema de edición que permite compaxinar toda clase de documentos onde pode haber texto, ilustracións, gráficos, táboas, etc. Pódese elaborar así unha páxina na que se combinen todo tipo de informacións, con moita máis eficacia que con calquera outro procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bendicir.

      1. Acción, fórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais. Na liturxia católica distínguense as bendicións constitutivas, que conceden ás persoas, aos obxectos e aos lugares un carácter sagrado, e as invocativas, que piden a protección divina para unha persoa ou unha cousa. De acordo coas prescricións do concilio Vaticano II (1965), en 1984 foi promulgado o ritual reformado das bendicións, que procurou eliminar todo residuo de maxia na práctica deste tipo de pregaria.

      2. Sinal da cruz que se fai para bendicir algo ou alguén.

    2. Situación, acontecemento, persoa, etc que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.

    3. Bendición que concede o Papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.

    4. Bendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do santísimo sacramento.

    5. Bendición que o sacerdote fai o mércores de cinza, antes de impoñela aos fieis como símbolo de penitencia.

    6. Bendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.

    7. Bendición que reciben os esposos antes do casamento. OBS: Xeralmente se utiliza en plural, bendicións nupciais, ou, simplemente, bendicións.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñécese tamén co nome de tradición Denali ou, dun xeito máis correcto, tradición paleoártica. Agrupa un conxunto de culturas paleolíticas de Alasca e do norte do Canadá datadas entre os anos 8000 e 5000 a C, que se caracterizan pola presenza de microláminas obtidas a partir de pequenos núcleos en forma de cuña, puntas bifaciais, raspadores e burís. Recoñécense paralelismos desta tradición cultural en Siberia (tradición Dyukhatai), o que permitiu elaborar a hipótese de que esta tradición fose herdeira da que definiron os primeiros poboadores americanos procedentes de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación conectiva binaria ‘se e soamente se’, que equivale ao condicional reforzado pola exclusiva ‘soamente’ ou ‘só’, que a converte en equivalencia. En lóxica simbólica vén representada polo signo º.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter monográfica dedicada ao grupo de gaiteiros Os Morenos de Lavadores. Saíu nos anos noventa do s XX. Escrita por Gerardo Fernández Santomé, contou coa colaboración de Araceli Romero Oliveira e Xosé Manoel Oliveira Rodríguez cun artigo titulado “Memoria viva agora!”. Está dividida en catro seccións; a primeira titúlase “Introdución”, a segunda “Investigación”, onde se inclúe a historia do grupo, un cadro cronolóxico, as viaxes polo estranxeiro, o material que empregaban e o traballo realizado; na terceira aparece un artigo de “Opinión”, de Juanjo Fernández, e na cuarta a serie “Documentos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edicións Castrelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edicións Celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edicións do Cerne.

    VER O DETALLE DO TERMO