"filomena" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada no Cadramón (O Valadouro). De estilo románico, foi construída no s XI e restaurada recentemente. Conserva pinturas murais no seu interior.
-
GALICIA
Poetisa. Colaborou en diversas revistas e en El Heraldo Gallego. Publicou La letanía lauretana (1878), Penumbras (1880), Romances y cantares (1885), Follatos (1891) e Fe (1911). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1907.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
filomela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe discutida. Pode derivar do grego Φιλομ ή λα ‘que ama o canto’, a través do latín philomela ‘reiseñor, rousinol’; pode tratarse dunha forma feminina do nome persoal latino Philomenus, que reproduce o nome grego Φιλομένες, formado polas voces ϕ ίλος ‘amado, amigo’ e μένες, forma quizais derivada do verbo μένω ‘ficar, permanecer’; ou pode ser unha evolución do participio pasivo do verbo ϕ ιλέω ‘amar’, co que tería o significado de ‘amada’. Presenta os hipocorísticos Filo e Filucha.
-
PERSOEIRO
Mártir romana. Despois do descubrimento duns restos incorruptos nunha catacumba en Roma (1802), construíuse unha lenda ao seu redor e identificouse cunha víctima da persecución de Diocleciano. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos persoais, unha áncora, unha frecha ou espada. A súa festividade celébrase o 11 de agosto, e o 10 de agosto en Tameiga (Mos).
VER O DETALLE DO TERMO