Filomena

Filomena
[ONOM]

Antropónimo feminino de orixe discutida. Pode derivar do grego Φιλομ ή λα ‘que ama o canto’, a través do latín philomela ‘reiseñor, rousinol’; pode tratarse dunha forma feminina do nome persoal latino Philomenus, que reproduce o nome grego Φιλομένες, formado polas voces ϕ ίλος ‘amado, amigo’ e μένες, forma quizais derivada do verbo μένω ‘ficar, permanecer’; ou pode ser unha evolución do participio pasivo do verbo ϕ ιλέω ‘amar’, co que tería o significado de ‘amada’. Presenta os hipocorísticos Filo e Filucha.

Palabras veciñas

filomela | Filomela | filomena | Filomena | Filomena, santa | filón | Filón de Alexandría