Filomela

Filomela
[MIT]

Personaxe mitolóxico, filla do rei ateniense Pandión. Na loita de fronteiras entre Pandión e Lábdaco, o rei de Atenas pediulle axuda ao tracio Tereo; grazas a esta cooperación Pandión obtivo a vitoria e, como recompensa, deulle a Tereo a súa filla Procne, coa que tivo a Itis. Pero Tereo namorouse da súa cuñada Filomela e violouna; logo, cortoulle a lingua para que non o descubrise. Daquela, Filomela, bordou nunha tea todo o acontecido para que a súa irmá Procne se decatase da feitoría cometida polo seu esposo. Deste xeito, Procne, co fin de castigar a Tereo, inmolou o fillo de ambos e deullo de comer, para logo fuxir con Filomela.

Palabras veciñas

filoma | filomanía | filomela | Filomela | filomena | Filomena | Filomena, santa