"itus" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Expresión que significa ‘desviación do golpe’ e designa o desvío involuntario na comisión dun delito ou acto delitivo que fai recaer o efecto ou as súas consecuencias sobre un suxeito pasivo diferente do que pretendía o suxeito axente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión que hai entre a nota máis baixa e a máis alta dunha escala dentro da que se move unha melodía.

      1. Servidume legal pola que se impoñía na construción de edificios veciños a distancia de 2,5 pés; recibía tamén o nome de intercapedo. Entre os terreos cultivados obrigaba a deixar unha distancia ou ambitus de 5 pés.

      2. Intriga, suborno, etc, para a consecución de cargos ou funcións públicas. Para evitalo, promulgouse a lei Iulia de ambitu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate ou calma a tose.

    2. Fármaco que ten a propiedade de calmar a tose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante danés. Ao servizo de Rusia explorou a costa setentrional de Siberia (1725) e, nunha segunda expedición, atravesou o mar e o estreito (1728) que levan o seu nome. Tamén descubriu (1741) as illas Aleutianas, a illa de Kodiak e a península de Alasca. Naufragou preto da illa de Avača, co tempo chamada illa de Bering.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por algúns retóricos latinos á perífrase ou circunlocución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método contraceptivo que consiste en interromper o acto sexual e efectuar o home unha exaculación extravaxinal. É unha práctica que ocasiona unha alta porcentaxe de fracaso (15-40%) e pode xerar insatisfacción sexual e crear certos problemas psicolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acento principal inicial e final dunha frase musical.

      2. Mínimo acento rítmico ou impulso melódico da liña vocal, no canto gregoriano. Nas edicións da escola de Solesmes adóitase indicar cun episema vertical.

      1. Nome que recibe toda manifestación morbosa repentina, ataque ou acceso.

      2. ictus apoplético

        apoplexía.

      3. ictus cardíaco

        Ictus acompañado de pulsacións que levantan visiblemente a rexión precordial.

      4. ictus meninxítico

        Ictus caracterizado pola contracción dos músculos da caluga, con acompañamento de cefalalxia, excitación, vómitos e sensibilidade do cranio á presión, a causa dunha hemorraxia imputable xeralmente á ruptura dun aneurisma cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro inglés. Fillo dun predicador anabaptista, foi ordenado pastor da Igrexa Anglicana. Adheriuse ao catolicismo e inventou un complot imaxinario dos xesuítas para asasinar o Rei Carlos II de Inglaterra e substituílo polo católico duque de York, irmán do rei. Iso desencadeou unha reacción anticatólica. Despois de que o duque de York sucedese ao seu irmán (1685), co nome de Xaime II de Inglaterra, foi declarado culpable de perxurio e encarcerado. Foi liberado cando Xaime II foi destronado (1688).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (6.744 km2; 457.921 h [estim 1998]). A súa capital é Sancti Spíritus (102.262 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento franciscano situado en Melide. Consérvase a igrexa, construída no s XIV en estilo oxival e con reformas posteriores. Ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e capelas laterais, e ábsida cadrada. O arco triunfal é apuntado. No exterior destaca a torre, formada por un corpo de campás e unha cúpula. A portada principal é arquitrabada, sobre ela sitúase unha fornela coa imaxe de san Francisco e sobre esta unha ventá, o conxunto remata nun frontón circular partido. No muro norte consévase unha portada de arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e que carece de tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bula de Clemente XI promulgada en 1713 en que foron condenadas 101 proposicións extraídas de Le Nouveau Testament en français avec des réflexions morales sur chaque verset, de Pasquier Quesnel, consideradas xansenistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul romano, sobriño de Publio Valerio Publícola. Participou no derrocamento dos decénviros. Nomeado cónsul (449), debeu ditar leis (Valeriae Horatiae) contra o poder dos no­bres e que obrigaban a facer o plebiscito.

    VER O DETALLE DO TERMO