ambitus*

ambitus*
  1. s m [MÚS]

    Extensión que hai entre a nota máis baixa e a máis alta dunha escala dentro da que se move unha melodía.

  2. s m [DER]
    1. Servidume legal pola que se impoñía na construción de edificios veciños a distancia de 2,5 pés; recibía tamén o nome de intercapedo. Entre os terreos cultivados obrigaba a deixar unha distancia ou ambitus de 5 pés.

    2. Intriga, suborno, etc, para a consecución de cargos ou funcións públicas. Para evitalo, promulgouse a lei Iulia de ambitu.