ámbito

ámbito

(< lat ambĭtu‘circuíto’, de ambīre ‘rodear’)

  1. s m

    Espacio limitado ou determinado dalgún modo no que se desenvolve ou ten efecto algo.

    Ex: O seu modo de actuar varía no ámbito escolar.

  2. s m

    Espacio ficticio que comprende ou abrangue unha actividade, arte ou ciencia.

    Ex: É un recoñecido especialista no ámbito das humanidades.

    Sinónimos: campo, dominio, eido, rea, dominio.
  3. s m [LING]

    Situación de interacción lingüística que se presenta agrupada arredor dun mesmo eido da experiencia (familia, traballo, escola, etc).