"limenta" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

    1. Relativo ou pertencente á agricultura e á alimentación.

    2. Produto agrícola que foi acondicionado ou transformado industrialmente.

    3. Conxunto heteroxéneo de industrias e empresas que participan na produción, transformación, elaboración, acondicionamento e comercialización dunha gran diversidade de produtos de orixe vexetal ou animal destinados á alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dar ou recibir alimentos.

      1. Conxunto de alimentos ou substancias nutritivas. Unha alimentación axeitada debe permitir aos organismos atender debidamente os seus requirimentos enerxéticos e plásticos, e ten que estar de acordo cunha ración alimentaria completa e equilibrada, a cal depende, para un mesmo organismo, das necesidades alimentarias de cada momento concreto da vida. No ser humano esta alimentación racional establécese de acordo coas normas dadas pola dietética. Nun animal a alimentación calcúlase a partir das necesidades propias de cada un dos estadios do seu ciclo de produción. Os principais ingredientes dos pensos son os cereais e os restos de sementes oleaxinosas, como tamén as fariñas de carne e de peixe.

      2. alimentación alternativa Denominación xenérica que designa unha serie de hábitos alimentarios fundamentados en diversas correntes ideolóxicas, filosóficas e relixiosas, que se caracterizan polo rexeitamento dalgúns alimentos. Entre as alimentacións alternativas máis estendidas destacan o vexetarianismo e a macrobiótica.

    2. Operación que consiste en colocar as municións dunha arma, xeralmente automática, utilizando un dispositivo ou cargador.

    3. Fornecemento, a un motor de combustión interna, do aire e do combustible necesarios para o seu funcionamento. Nos motores de ciclo Otto (de acendido por chispa) a alimentación pode ser pola simple aspiración mecánica -realizada polos pistóns ao desprazarse ao longo do cilindro-, dunha mestura de aire e combustible previamente dosificado no carburador; ou ben pola inxección do combustible na canle de aspiración ou directamente na cámara de combustión, chea do aire aspirado polos pistóns; ou tamén pola carga forzada do aire dentro do cilindro e posterior inxección do combustible. Nos motores de ciclo diesel a alimentación realízase pola inxección do carburante dentro da cámara de combustión cando o aire, previamente aspirado, estivo comprimido polo pistón.

    4. Enerxía ou materia coa que se alimenta un aparello, unha máquina.

    5. Incremento da masa de xeo nun glaciar ou nun inlandsis. É un fenómeno oposto ao de ablación. A alimentación glacial baséase principalmente no depósito de neve, e tamén noutros procesos: sublimación, conxelación do auga de chuvia ou do desxeo, entre outros. É xeralmente superior nos glaciares locais que nas grandes extensións dos glaciares continentais.

    6. Fornecemento de auga a un río, a un lago ou a unha capa acuífera.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alimenta.

      1. Aparello ou sistema que fornece a enerxía que cómpre para o funcionamento dos dispositivos electrónicos nas diferentes tensións nas que traballa cada circuíto. Nun aparello previsto para a corrente alterna, está formado polo transformador, o rectificador e o filtro.

      2. alimentador estabilizado Alimentador provisto dun estabilizador capaz de fornecer a tensión ou a intensidade cun valor constante.

      3. alimentador universal Alimentador capaz de funcionar indistintamente con corrente alterna ou continua.

    2. Canle que verte as augas cara a un depósito.

    3. Depósito que comunica cun compartimento (adega ou cuberta), cando este compartimento debe conter gran en abundancia. Ten como obxecto engadirlle gran a medida que este se comprime. A súa importancia deriva do feito de que se un compartimento non está totalmente cheo de gran, pode perder estabilidade o barco. Obrigatorio segundo o Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar, debe ter unha capacidade comprendida entre o 2,5% e o 8% do compartimento por riba do que está situada.

      1. Dispositivo utilizado para introducir unha substancia, en réxime continuo ou intermitente, nun aparello industrial onde ten lugar unha operación ou un proceso. Cando se trata de líquidos, o sistema pode ser un sinxelo recipiente provisto dun sumidoiro ou doutro dispositivo de nivel constante. Para a alimentación de sólidos ou pastas, é moi frecuente o uso dun parafuso de Arquímides, o cal permite unha dosificación gradual e continua. Para os produtos pulverulentos empréganse depósitos en forma de embude e planos inclinados. Tamén se denomina alimentador ao conxunto de mecanismos empregados para transportar a alimentación: cadeas sen fin, cintas transportadoras, elevadores e conducións, entre outros.

      2. alimentador automático Alimentador que, conectado mediante un dispositivo axeitado á máquina alimentada, é detido ou posto en marcha segundo as necesidades de fornecemento da máquina.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa obrigada legalmente a dar alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar alimento, sustentar.

    2. Tomar alimento, sustentarse.

    3. aler como alimento.

    4. Fomentar calquera cousa para que resulte máis intensa.

      1. Fornecer un aparello, unha máquina ou, en xeral, un sistema, da enerxía ou das materias que lle permiten funcionar.

      2. Fornecer un aparello, unha máquina, das materias que deben ser sometidas a un tratamento.

    5. Prover unha arma de municións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alimentos.

    2. canal alimentario

    3. produto alimentario

    4. industria alimentaria

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional fundada no ano 1973 que reúne xuristas e bromatólogos e ten a súa sede en Bruxelas. Os seus obxectivos son a divulgación, o desenvolvemento e a harmonización internacionais do dereito alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema alimentario autárquico a base de cultivos de bacterias, pensado especialmente para as viaxes interplanetarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Códice alimentario de aplicación internacional, regulado por un organismo de coordinación entre os códices alimentarios de diferentes estados. Creouse no 1962 por unha comisión da FAO/OMS co fin de desenvolver uns estándares internacionais sobre os alimentos e os produtos relacionados con eles. As conclusións de determinados sectores publícanse a medida que se van producindo e incorpóranse nos códigos particulares dos distintos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en Roma en 1974 durante o desenvolvemento da Conferencia Mundial de Alimentación. Fórmana 36 membros da ONU e analiza a situación alimentaria mundial, ao tempo que exerce a súa influencia sobre os gobernos e a ONU. A súa sede está en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en febreiro de 1933 ao abeiro da estruturación industrialista adoptada no congreso da CNT de 1931. Contou con sindicatos de industria ou sociedades de oficio na Coruña, Lugo, Sada, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Tui, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Ourense e Moaña. Desfíxose coa represión provocada trala revolución de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘botella’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • retroalimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de aplicar, nun sistema calquera, unha fracción do sinal de saída novamente á entrada para que actúe tamén sobre o sistema. Un dos sistemas provistos de retroacción é o servosistema. En electrónica aplícase nos amplificadores e pode ser en fase ou en oposición de fase.

    2. Regulación da resposta dentro dun sistema (molécula, célula, organismo ou poboación) que inflúe sobre a actividade ou a produtividade do sistema, que está constituído por elementos interactuantes que poden presentar moitos estados diferentes en función dos estados dos outros. Cómpre distinguir a retroacción negativa ou homeostática, que conserva o equilibrio entre dous valores límite e tende a ese equilibrio, da positiva, que tende a desequilibrar o sistema por unha autoaceleración da desviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimentación superior á necesaria para unha correcta manutención.

    2. Alimentación superior á necesaria para reparar déficits ou perdas de nutrientes e repoñer as calorías consumidas, en que se empregan alimentos que en pouco volume achegan os compoñentes necesarios.

    3. Introdución no cilindro ou nos cilindros dun motor de combustión interna, dunha cantidade de fluído superior á que o motor é capaz de aspirar naturalmente, co fin de alcanzar unha determinada presión de alimentación, que descendeu a causa de determinadas condicións de funcionamento do motor, ou ben co fin de aumentar a potencia por unidade de cilindradas. Nos motores de aviación, a sobrealimentación permite manter a potencia do motor a pesar da diminución da presión atmosférica e a densidade do aire. Nos automóbiles, a sobrealimentación permite obter o máximo de potencia por unidade de cilindrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar unha sobrealimentación.

    2. Aplicar unha sobrealimentación ao cilindro dun motor de combustión interna.

    3. Producirse unha sobrealimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO