"litor" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • Aplícase á rexión mariña situada por debaixo da infralitoral, a partir dos 30-40 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ablación cirúrxica do clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano eréctil, moi vascularizado e con abundantes terminacións nerviosas, situado no ángulo anterior da vulva das femias dos mamíferos e dalgunhas aves e réptiles. É o equivalente ao pene masculino e ten unha gran sensibilidade aos estímulos físicos, como a presión ou o rozamento, polo que constitúe unha importante zona eróxena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hipertrofia do clítoris.

    2. Erección patolóxica do clítoris.

    3. Tendencia psiquiátrica de tipo masturbatorio, por excesiva sensibilidade do clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural do NL de Portugal, formada por unha parte dos distritos de Porto, Viseu e Aveiro, que se estende desde as marxes do esteiro do río Cávado ata a albufeira de Aveiro, e polo río Douro ata o monte Marão (1.415 m). As principais actividades económicas son a agricultura e a cría de gando porcino e vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficial romano ao servizo dos diferentes maxistrados dotados de imperium, que precedía os maxistrados e os sacerdotes portando as fasces e, orixinalmente, executaba as sentencias capitais ou azoutaban con varas os condenados. Posteriormente ocupouse de abrir o paso aos maxistrados e vixiaba que recibisen os honores debidos. Estaban organizados en decurias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á beira do mar.

    2. Área de confluencia marítimo-terrestre en sentido amplo. Debido ao carácter dinámico destes ambientes controlados polas ondas e correntes mareais, a zona litoral establécese na franxa de anchura variable que se sitúa entre o límite das mareas máis baixas (mareas mortas) e as mareas vivas primaverais. Os biólogos estenden a utilización do termo desde a marca das preamares ata o límite en que as plantas poden chegar a fixarse no fondo mariño, xeralmente a uns 40-60 m, no que denominan zona eurolitoral. As nocións de litoral e de costa son, a miúdo, empregadas de xeito incorrecto. O concepto de costa ten un carácter máis amplo e difuso, pois inclúe todos os ambientes vinculados xeneticamente aos procesos e axentes naturais que actúan no litoral (praias, cantís, plataformas costeiras, sistemas dunares, esteiros, deltas mareais ou marismas modelados ao longo do tempo pola enerxía das ondas, das correntes, das mareas e do vento). Os litorais constitúen un medio morfolóxico, climático, hidrolóxico...

    3. Conxunto da fauna mariña que habita nas augas costeiras. Neste medio as condicións ambientais (temperatura, salinidade e luz) presentan unha variación vertical moi forte e, por isto, distínguense unha serie de pisos: supralitoral, zona só mollada de tanto en tanto polas ondas e só somerxida nas grandes mareas, mediolitoral, onde rompen as ondas, infralitoral, zona permanentemente somerxida que chega ata onde desaparecen as algas carnosas por falta de luz (entre 15 e 50 m), e circalitoral, que chega ata onde non é posible ningún tipo de vida vexetal (entre 100 e 150 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Camerún (20.239 km2; 1.354.833 [1987]). A capital é Douala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Arxentina que comprende as provincias de Bos Aires, Chaco, Corrientes, Entre Ríos, Formosa, Misiones e Santa Fe (809.058 km2; 23.970.017 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de creación literaria fundada en 1926 en Torremolinos por Emilio Prados e Manuel Altolaguirre. A súa primeira etapa rematou en México, no exilio, pero reapareceu en 1968. García Lorca, Cernuda, Alberti ou Vicente Aleixandre destacaron entre os seus colaboradores. Na segunda etapa editou monográficos, un deles dedicado á poesía galega, onde se fixo unha antoloxía da poesía galega clásica, cunha escolma de 15 poetas galegos contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Pontevedra a partir de 1953. Cesou o 19 de outubro de 1956. En xuño de 1955 Rafael Landín Carrasco converteuse en director e no consello de administración destacou   Xosé Filgueira Valverde. Tivo unha segunda etapa, entre o 17 de agosto de 1957 e o 18 de xaneiro de 1958, editada por Domingo González Lucas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos litorínidos.

    2. Molusco gasterópodo da familia dos litorínidos.

    3. Familia de moluscos que habita nas zonas litorais intermareais e que presenta unha cuncha en espiral, maciza, que se pecha mediante un opérculo. O pé está cara a diante e a rádula é longa e estreita. En Galicia o xénero máis común é Littorina, que se pode atopar pegado ás rochas cando baixa a marea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á zona faunística litoral, desde o límite da marea baixa ata o bordo da plataforma continental, que queda habitualmente somerxida e só se descobre durante as mareas excepcionalmente baixas, e en que a vida animal é abundante, de maneira que é a zona onde se efectúa principalmente a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á zona faunística litoral que, aínda que normalmente se atopa sobre o nivel da auga, queda mergullada durante as mareas excepcionalmente altas e polas grandes vagas.

    VER O DETALLE DO TERMO