clítoris
clítoris
(
s
m
[ANAT]
Órgano eréctil, moi vascularizado e con abundantes terminacións nerviosas, situado no ángulo anterior da vulva das femias dos mamíferos e dalgunhas aves e réptiles. É o equivalente ao pene masculino e ten unha gran sensibilidade aos estímulos físicos, como a presión ou o rozamento, polo que constitúe unha importante zona eróxena.