Clitopilus
Clitopilus
[FUNGO]
Xénero de fungos de cogomelos con láminas decorrentes, cun sombreiro de ata 12 cm, máis ou menos ondulado, de cor abrancazada, cun pé curto da mesma cor ca o sombreiro e con cheiro e sabor a fariña. En Galicia aparece debaixo das árbores caducifolias e coníferas, a especie C. prunulus, moi apreciada en gastronomía.