Clitopilus

Clitopilus
[FUNGO]

Xénero de fungos de cogomelos con láminas decorrentes, cun sombreiro de ata 12 cm, máis ou menos ondulado, de cor abrancazada, cun pé curto da mesma cor ca o sombreiro e con cheiro e sabor a fariña. En Galicia aparece debaixo das árbores caducifolias e coníferas, a especie C. prunulus, moi apreciada en gastronomía.

Palabras veciñas

Clitias | clítico -ca | Clitocybe | Clitopilus | clitoridectomía | clitorídeo -a | clítoris