clítico -ca
clítico -ca
(< grκλιτικός ‘relativo á flexión’)
adx
[LING]
Aplícase á palabra que, nunha unidade acentual, non se acentúa. Algunhas linguas, como o galego, teñen pronomes clíticos que van ligados ao verbo (dille, colleuche). En inglés, por exemplo, a forma contraída n’t tamén se pode considerar clítico (isn’t, don’t).