Douro Litoral
Douro Litoral
Rexión natural do NL de Portugal, formada por unha parte dos distritos de Porto, Viseu e Aveiro, que se estende desde as marxes do esteiro do río Cávado ata a albufeira de Aveiro, e polo río Douro ata o monte Marão (1.415 m). As principais actividades económicas son a agricultura e a cría de gando porcino e vacún.