"louren" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 54.

  • PERSOEIRO

    Narrador. Publicou dous relatos en senllos volumes colectivos, “RATP”, premiado no VI Certame de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo en 1980 e publicado en 1981, e “O tesouro de Petro Xesto”, accésit na VII edición do mesmo premio, editado en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bispo de Lugo entre 1591 e 1599. Fundou o seminario diocesano en 1594 baixo a advocación de san Lourenzo. Para dotalo recorreu aos dezmos do bispado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Silleda. O cenobio fundouse sobre unha antiga ermida dedicada a san Lourenzo que pertencía ao eremita Egica. O conde don Gonzalo e a súa dona, a condesa dona Tareixa, compraron a ermida e as granxas anexas, segundo consta nunha carta de dotación do 936. O bispo de Lugo consagrou a primitiva igrexa en presenza de san Rosendo e do primeiro abade Fiz. Despois da súa destrución por parte de Almanzor no 997, restaurouno o bispo Pedro de Mezonzo no 999 e, na mesma data, Vermudo II concedeulle un privilexio. Non obstante , o mosteiro continuou recibindo doazóns e privilexios dos monarcas e de moitos particulares ao longo da súa historia. Coa reforma da orde beneditina en 1500 pasou a ser un priorado do mosteiro de San Martiño Pinario. A desamortización do s XIX provocou a venda das súas pertenzas e o seu progresivo abandono ata quedar en ruínas. A construción do mosteiro estivo condicionada polo lugar no que se localiza, un terreo de diferentes alturas á beira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sobrado. Foi construída ao redor de 1220 en estilo románico. Ten unha nave e unha ábsida de planta rectangular á que se engadiu a sancristía. Da obra medieval consérvase só o testeiro, o muro norte da ábsida, e o arco triunfal dobrado e apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político moderado. Dedicado desde moi novo á administración do Estado, foi oficial do ministerio e gobernador antes de ser elixido deputado polo distrito da Cañiza, cargo que ocupou en catro ocasións (1846-1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de historia (1993) e director do departamento de Historia Contemporánea (1997) da universidade compostelá. Foi coordinador, xunto con Ramón Villares, da edición da colección Clásicos Agrarios Galegos (15 vols, 1997). Colaborou en diversas revistas e destacan as súas obras La sociedad rural en la España contemporánea. Mercado y patrimonio (1996), en colaboración con X. L. Balboa López, Labregos con ciencia. Estado, sociedad e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939 (1992, Premio da Crítica 1993 e Premio Losada Diéguez 1993) e Terra e Progreso (2000). Membro do consello científico do Instituto Universitario de Investigacións e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Protexido por Francisco de Moure, pintou, entre outros, o retablo da capela maior de Santa María de Melias (Pereiro de Aguiar, 1606).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Saviñao. De construción románica, só conserva a ábsida de dous tramos: un rectangular, que se une á nave construída no s XVII, e outro semicircular dividido ao exterior en tres segmentos separados por catro semicolumnas pegadas, erixidas sobre plintos con garras, bases áticas e capiteis decorados. A bóveda da ábsida está cuberta con pinturas murais de finais do s XVI. Na casca absidal represéntase a Cristo como xuíz; no tramo recto hai escenas do xuízo e do martirio de san Lourenzo e unha representación do ceo estrelado co sol e a lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Discípulo de Cuvier, foi profesor de anatomía e de fisioloxía no Collège de France. Estudiou a fisioloxía do cerebro e a formación ósea, demostrou a función do cerebelo na coordinación muscular e descubriu as propiedades anestésicas do cloroformo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Dirixiu varios diarios conservadores en Ferrol e Lugo. Posteriormente, dirixiu El Compilador de Puerto Rico (1873) e El Progreso de Galicia (1881), da Coruña. Publicou as obras La escritura y la imprenta desde sus primeros tiempos (1867) e Justicia para Galicia y Asturias en la cuestión del ferrocarril del Noroeste y de Orense a Vigo (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boqueixón. Construída no s IX, restaurouse posteriormente. Ten planta de nave única con capelas laterais e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. No interior destaca o arco triunfal prerrománico. A fachada ten unha espadana dun só van no centro e remates piramidais nos extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘sol’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo brasileiro. Pioneiro en Brasil no sector da psicoloxía da aprendizaxe, foi director   (1938-1946) do Instituto Nacional de Estudos Pedagógicos, do Ensino Público en São Paulo, membro do Conselho Nacional de Educação (1937) e director xeral do Departamento Nacional de Educação. En 1944 colaborou na reforma do ensino en Paraguay. Organizou e dirixiu o Seminário Interamericano de Alfabetização de Adultos (1949). Das súas obras   destacan Juazeiro do padre Cícero (1926), Introdução ao Estudo da Escola Nova (1930), en que presenta os fundamentos psicolóxicos e biolóxicos das novas doutrinas   pedagóxicas do s XX, Tendências da educaçao brasileira (1940), A pedagogia de Rui Barbosa (1954) e Cartilha do povo (1954), en que intentou adecuar a alfabetización ás características do medio social do alumno. Recibiu o título de Maestro de las Américas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego e etnógrafo portugués. Párroco de Vilar de Perdizes (Montalegre), recompilou costumes e tradicións do seu contorno. Foi director do xornal Notícias de Barroso e promotor dos Congresos de Medicina Popular de Vilar de Perdizes. Escribiu Usos e costumes de Barroso (1972), con B. da Fonte e A. Machado, Etnografía Trasmontana (1974, 1977) e Os chás dos Congressos de Vilar de Perdizes (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida ata 1975 a capital de Moçambique, ano en que tomou o nome de Can Phumo. En 1976 recibiu a denominación actual de Maputo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xograr pobablemente portugués. Non esta documentado historicamente pero, a xulgar pola cantigas satíricas que escribiu e por outras que lle dedicaron, relacionouse con trobadores e outros xograres activos no terceiro cuarto do s XIII. Estivo vinculado ás cortes de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal e, durante algún tempo, estivo ao servizo de Johan Garcia de Guilhade. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amor, sete de amigo, unha de escarnio, tres tenzóns en que é o primeiro interlocutor e cinco en que responde aos ataques satíricos ou xocosos doutros poetas. Así, trobadores como Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso e Johan Garcia de Guilhade en cantigas de escarnio e maldicir ridiculizan as súas facultades versificatorias, acusacións das que se defende enaltecendo o seu propio talento á hora de compor cantigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar portugués. Loitou na Guerra Colonial en Guinea (1969-1971). Foi capitán nos Açores (1974) e membro activo do Movimento dos Capitães e da Comissão política do MFA. Nomeado para o Conselho de Estado o 24 de xullo de 1974, integrouse posteriormente na estrutura do Conselho dos Vinte. Membro do Conselho da Revolução desde marzo de 1975 ata a súa extinción en 1982, pasou á reserva como tenente-coronel (1988) e formou parte da dirección da Associação 25 de Abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Lourenzá, onde se atopa á capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca da Mariña Central, no NL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Lugo, situado a 43° 27’ 42” de latitude N e 7° 17’ 12” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Foz (A Mariña Central), ao S co de Riotorto (Meira), ao L cos de Barreiros e Trabada (A Mariña Oriental) e ao O co de Mondoñedo (A Mariña Central). Abrangue unha superficie de 62,6 km 2, cunha poboación de 2.620 h (2007), distribuída nas parroquias de Lourenzá, San Tomé de Lourenzá, San Xurxo de Lourenzá e Santo Adrao de Lourenzá. A súa capital é Vilanova, situada na parroquia de Lourenzá, e dista 146 km de Santiago de Compostela e 78 km de Lugo.Está adscrito ao partido xudicial de Mondoñedo e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
    Xeografía física
    Topograficamente organízase cara ao N, onde se abre á depresión de Lourenzá, formada por unha converxencia de fracturas modeladas pola erosión dos ríos que se abren a ela. Este espazo afundido está rodeado por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que inclúe as parroquias do concello de Lourenzá e parte das de Trabada e Ribadeo. Está composto por dez parroquias matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO