"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo granadino. É autor dunha cosmografía e dunha miscelánea das súas viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lagartiñas da familia dos lacértidos. Teñen os dedos das patas posteriores envoltos de escamas alongadas que lles permiten correr rapidamente pola area. Viven en zonas desérticas do norte de África, en Asia occidental e na Península Ibérica, onde se atopa a especie A. erythrurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos sílvidos ao que pertencen algunhas folosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das hipocastanáceas ao que pertence o castiñeiro de Indias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aludir.

    2. Palabra coa que se alude.

    3. Figura que consiste en evitar un signo lingüístico e remarcalo ao mesmo tempo por medio dalgunha expresión que indirectamente o conecta e suxire. O efecto prodúcese, ben por alegorías ou referencias míticas, ben por metáforas ou outros procedementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fai alusión ou contén unha alusión.

    2. Que fai referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producirse alustros.

    2. Producir iluminación brillante que se aparece de xeito intermitente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resplandor intenso e inmediato que se produce por unha descarga eléctrica nas nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Histólogo. Foi catedrático de Organografía e Fisioloxía animal na Universidade Complutense de Madrid (1932-1967). Realizou numerosos traballos no eido da histoloxía vexetal, entre o que cómpre salientar: “Sobre el estudo del condriosoma en las células vegetales por el método tanto-argéntico”, animal “Contribución al conocimiento histológico de las medusas” e entomolóxica “El epitelio estomacal de los blátidos”. Os seus manuais de bioloxía tanto para bacharelato como para ensino superior foron moi divulgados e empregados nos anos do franquismo. Foi director do Instituto José Acosta do CSIC, subdirector do Museo Nacional de Ciencias Naturales e membro da Real Sociedad Española de Ciencias Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deputado nas Cortes Constituíntes do 1869 e Gobernador Civil de Lugo. Polo seu discurso Necesidad de escribir la Historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, y su utilidad para el porvenir foi premiado co Caravel de Prata nos primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña no 1861, traballo publicado no Álbum de la Caridad. Durante os anos 1859, 1860 e 1861 colaborou no Boletín Judicial de Galicia, e en 1872 firmou en Viveiro o manifesto Electores del distrito de Vivero. Morreu en Valladolid, onde ocupaba o cargo de fiscal da Audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo Carballo Calero participou no Liceo de la Juventud, sociedade creada en Compostela en 1847, xunto a Aurelio Aguirre, Pondal, Rosalía, Murguía, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o médico portugués João Rodrigues de Castelo Branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes da familia das aráceas, con follas divididas e enormes inflorescencias en espádice de eixo prominente (40 cm en A. rivieri). Viven na zona intertropical de África e de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de orixe non chinesa ao servizo do Emperador Xuanzong. Rexeitou os K´i-tan e no 755 sublevouse no NL para proclamarse Emperador. Conquistou Louyang e Chang´an, expulsando ao Emperador a Sichuan. Foi derrotado polo fillo de Xuanzong e morreu a mans do seu propio fillo. A súa rebelión marca a fin do período máis brillante da dinastía Tang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas pertencentes á familia das asteráceas, de follas recortadas, flores en capítulos, de lígulas brancas ou amarelas e froito en aquenio, plano e alado. En Galicia pódese atopar de forma naturalizada A. radiatus e de forma espontánea A. clavatus en terreos incultos da Coruña e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos de auga doce da subclase dos pulmonados, de cuncha moi fina con forma semellante a unha lapa que non supera os 5 mm. Viven fixadas a pedras ou outras superficies lisas, preferentemente en augas correntes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da Península Ibérica incorporado ao mundo islámico entre os ss VIII e XV. O termo árabe Al-Andalus foi utilizado polos escritores árabes medievais para referirse ao territorio da Península Ibérica sometido ao dominio musulmán. O territorio que designa non é sempre o mesmo posto que, a medida que a conquista cristiá progresaba, designaba nada máis que a zona aínda dominada polo Islam, e rematou referíndose unicamente ao Reino de Granada. A conquista da Península comezou no 711, despois dun desembarco de exploración no ano 710. No prazo de sete anos apoderáronse de toda a Península e de parte das terras da outra banda dos Pireneos. Pouco despois acadaron o límite máximo da súa expansión, na rexión de Poitiers, onde os deteu Carlos Martell no ano 732. Aínda que tradicionalmente se ten falado de invasión árabe, os invasores foron en grande parte bérberes. Os bérberes mesturáronse decontado cos hispanos que se someteron facilmente posto que, ao convertérense como muladís,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade semestral. Fundárona, en 1933, Miguel Asín Palacios e Emilio García Gómez co gallo de estudar a cultura musulmá na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Natural de Al-Andalus.

      2. Relativo ou pertencente a Al-Andalus ou aos seus habitantes.

    1. Habitante de Al-Andalus.

    2. Arte desenvolvida en Al-Andalus. Tivo unhas características propias dentro da arte do Islam, malia que seguiu as súas directrices fundamentais e mantivo estreitas relacións cos núcleos creadores orixinais en Siria. A finais do s VIII iniciouse a construción da mesquita de Córdoba, que se afasta das orientais e presenta novas solucións arquitectónicas. A amplicación desta mesquita no s IX, promovida por ‘Abd al-Rahmán II, e monumentos como a mesquita de Tudela (Navarra), amosan xa unha forte evolución estética. O s X representou a culminación artística da época chamada califal, seguida do período das Taifas (s XI), que mostra a diversidade da arte islámica peninsular, particularmente en Toledo (Mezquita do Cristo da Luz), Zaragoza (Palacio de la Aljafería), Málaga, Granada, Almería e Xátiva. Os almorábides (1090-1150?) achegaron diferentes novidades na estrutura das súas mesquitas e semellan ser desta época os restos dun pequeno Palacio en Monteagudo (Murcia). Son escasos os monumentos...

    3. Literatura árabe de Al-Andalus. A partir do s XI conxugou diversos estilos individuais, que lle deron fisionomía propia no marco da literatura árabe. Na poesía atópanse dúas tendencias: a clásica e a popular. A poesía clásica tiña unha soa forma estrófica, a casida. Mal coñecida nos dous séculos iniciais de formación, aparece xa perfecta no s X, no que viviu ibn Darrāǧ al-Qastallī, un dos mellores poetas andalusís. O momento do máximo apoxeo sitúase no s XI coa academia literaria de Sevilla, encabezada polo rei-poeta Mu’tamid ibn ‘Abbā. A chegada dos almorábides significou o declive da poesía clásica, pero a escola levantina acadou un resplandor extraordinario cos paisaxistas ibn Hafāǧa de Alzira e o seu sobriño ibn al-Zaqqāq. No s XIII, a decadencia da poesía foi case total, agás casos illados como foron Ibrā-hīm ibn Sahl e ibn Marǧ al-Kuhl de Alzira. O último gran poeta foi al-Qaysī, prisioneiro dos Reis...

    4. Música desenvolvida en Al-Andalus. Foron famosos os cantores e instrumentistas orientais que actuaban na Corte dos omeias, pero o pulo musical decisivo débese a Ziryab, poeta e filósofo de Bagdad, que chegou a Córdoba no 822. Foi o creador da escola andalusí, que deu algúns teóricos importantes, e dun repertorio con catro modos fundamentais e os seus derivados, que deron orixe ás 24 nuba andalusís, forma paralela das grandes suites vocais instrumentais. No s X, a Corte omeia resplandeceu cun gran luxo musical. Os instrumentos máis usados foron o laúde e a guitarra mourisca. Ao se descompoñer o Imperio, case todos os Reinos de Taifas tiveron conxuntos de músicos e cantantes. Durante os cinco séculos de permanencia na Península Ibérica, a evolución estrófica da música andalusí mostrou un retorno ás formas populares autóctonas, coñecidas como: a moaxakha (do s IX) e o zaxal (do s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Andalusiano.

    VER O DETALLE DO TERMO