"mutual" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mutuo.
-
-
Calidade ou condición de mutuo.
-
Asociación, xeralmente voluntaria, imposta como obrigatoria por algunhas lexislacións laborais, de persoas afectadas por uns mesmos intereses e riscos, para protexer comunmente estes intereses e compartir proporcionalmente a cobertura de riscos por medio dunha contribución de cada asociado en cotas fixas ou variables. No Estado español as mutualidades son de catro tipos: mutualidades mercantís, voluntarias, que realizan calquera tipo de seguro con independencia da previsión social; mutualidades de accidentes de traballo, patronais e de carácter voluntario; mutualidades laborais, creadas e reorganizadas polo Ministerio de Traballo e de carácter obrigatorio; e mutualidades libres, de carácter voluntario e con actividades de previsión social. A súa orixe remóntase ao mundo grecorromano, e as súas configuracións históricas posteriores, como os gremios, desembocaron no gran florecemento de mutualidades do s XIX. OBS: Tamén se denomina mutua.
-
-
-
Sistema de prestacións mutuas que é a base da mutualidade. Tras a disolución oficial dos gremios do Antigo Réxime en 1834, as clases obreiras quedaron desprotexidas nos casos de enfermidade, morte ou inutilidade laboral. No seo destas capas sociais xurdiron, durante o mandato da Raíña Isabel II, unhas sociedades de socorro mutuo, instrución e recreo. En Galicia, entre outras, creáronse a Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos da Coruña (1841), o Círculo das Artes de Lugo (1855) e o Liceo Recreo de Artesanos de Ourense (1850). No Sexenio Revolucionario (1868-1874), os republicanos das diversas cidades galegas reformularon e ampliaron aquelas reivindicacións populares nas chamadas cooperativas de base múltiple, que atendían tanto as necesidades de socorro mutuo coma as educativas, e o cooperativismo de consumo e produción. En 1870 apareceu en Ferrol a Asociación de Trabajadores e, un ano máis tarde, rexistráronse colectivos semellantes en Santiago de Compostela e Vigo, que abranguían...
-
Asociación entre individuos de dúas especies distintas de xeito que se beneficien ambas as dúas. Esta unión non é imprescindible para a supervivencia das dúas especies, de tal xeito que se esta unión se rompe, os dous individuos sobreviven.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao mutualismo.
-
Partidario do mutualismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente á mutualidade.
-
Membro dunha mutualidade.
-
-
Individuo que forma parte dunha asociación de mutualismo.
-