mutualidade

mutualidade

(< mutual)

  1. s f

    Calidade ou condición de mutuo.

  2. s f [DER]

    Asociación, xeralmente voluntaria, imposta como obrigatoria por algunhas lexislacións laborais, de persoas afectadas por uns mesmos intereses e riscos, para protexer comunmente estes intereses e compartir proporcionalmente a cobertura de riscos por medio dunha contribución de cada asociado en cotas fixas ou variables. No Estado español as mutualidades son de catro tipos: mutualidades mercantís, voluntarias, que realizan calquera tipo de seguro con independencia da previsión social; mutualidades de accidentes de traballo, patronais e de carácter voluntario; mutualidades laborais, creadas e reorganizadas polo Ministerio de Traballo e de carácter obrigatorio; e mutualidades libres, de carácter voluntario e con actividades de previsión social. A súa orixe remóntase ao mundo grecorromano, e as súas configuracións históricas posteriores, como os gremios, desembocaron no gran florecemento de mutualidades do s XIX. OBS: Tamén se denomina mutua.

Palabras veciñas

mutua | Mutua Gallega | mutual | mutualidade | mutualismo | mutualista | mutuante