"narco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • Forma prefixada procedente do grego que se emprega na composición de palabras co significado de ‘anárquía’ ou ‘anarquismo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • comunismo libertario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que atribúe aos sindicatos un papel fundamental na reivindicación laboral obreira e na loita pola consecución da revolución social. A fusión do pensamento bakuninista e a acción societaria por medio dos sindicatos obreiros creou un primeiro movemento anarcosindicalista, especialmente forte na Península Ibérica. Pero foi coa CGT francesa (1895) cando deu un gran salto e perfilou as características esenciais da súa doutrina: apoliticismo, acción directa e folga xeral para conseguir a instauración dunha sociedade sen clases. O anarcosindicalismo tomou parte das ideas de Marx, no que se refire á loita de clases e á organización independiente do proletariado, pero rexeitaba a creación dun partido político obreiro; do anarquismo, recolleu a negación da acción parlamentaria; de Georges Sorel, a teoría da folga xeral e a negativa a considerar a folga xeral como unha simple abstención do traballo ou como manifestación de masas. Estes principios foron recollidos na carta de Amiens (1906),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anarcosindicalismo.

    2. Partidario do anarcosindicalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narcose obtida pola inhalación dunha mestura anestésica de presión superior á presión atmosférica. Emprégase nas intervencións cirúrxicas que implican a abertura dunha pleura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • narcotraficante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento psicoterapéutico que consiste en producir un estado de relaxación próximo ao sono mediante a administración de drogas específicas como o pentotal sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acceso paroxismal de sono, de carácter patolóxico, que aparece bruscamente e pode durar desde poucos minutos ata varias horas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á narcolepsia.

    2. Que ou quen padece narcolepsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás narcomedusas.

    2. Cnidario da suborde das narcomedusas.

    3. Suborde de cnidarios hidrozoos da orde dos traquilinos, constiuída por medusas de pequenas dimensións que teñen a beira da umbela festonada e carecen de manubrio. Atópanse en todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de sopor producido por un narcótico.

    2. Narcose caracterizada por inconsciencia e analxesia completas.

    3. Síndrome manifestada por euforia e alteración da percepción, que aparece en individuos sometidos a hiperpresión, especialmente en submarinistas a partir dunha certa profundidade (100 m se levan escafandro autónomo) a causa dun aumento do CO 2 e O 2 nos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico utilizado en psiquiatría que consiste en inducir farmacoloxicamente un sono artificial para aproveitar os seus efectos biolóxicos e psicodinámicos no tratamento de diversos trastornos mentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que produce narcose. Clasifícanse en tres grupos: drogas naturais, alcaloides procedentes de produtos naturais e dos seus derivados, e narcóticos sintéticos, entre os que se atopan os analxésicos de síntese, con capacidade de producir hábito. A venda de narcóticos está sometida a unha lexislación especial, para protexer o cidadán da posible formación dun hábito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do grupo dos isoquinoleínicos da papaverina, contido no opio aproximadamente nun 6%. Emprégase en medicina como antiespasmódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de efectos producidos polas substancias narcóticas.

    2. Uso inmoderado de narcóticos.

    3. Produción da narcose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de narcotizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Administrar un narcótico.

    2. Producir narcose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao tráfico ilegal de narcóticos ou doutros estupefacientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comercio ilegal mediante o que se desprazan os tipos de drogas desde os diversos países en que se producen e elaboran ata os lugares onde se consomen. O comercio das substancias estupefacientes en case todos os países do mundo está penado con castigos de maior ou menor grao, incluso nalgúns países do Sueste asiático poden chegar ata a pena de morte. Adóitase penalizar o tráfico ou o seu comercio, pero non o seu consumo. Colombia, Perú e Bolivia son os grandes centros produtores de substancias narcóticas.

    VER O DETALLE DO TERMO