narcótico -ca

narcótico -ca

(< grναρκωτικός ‘adormecedor’)

adx e s [MED]

Aplícase á substancia que produce narcose. Clasifícanse en tres grupos: drogas naturais, alcaloides procedentes de produtos naturais e dos seus derivados, e narcóticos sintéticos, entre os que se atopan os analxésicos de síntese, con capacidade de producir hábito. A venda de narcóticos está sometida a unha lexislación especial, para protexer o cidadán da posible formación dun hábito.

Confrontacións

droga, estupefaciente

Palabras veciñas

narcomedusa | narcose | narcoterapia | narcótico -ca | narcotina | narcotismo | narcotización