"nuro" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

    1. Que non ten cola.

      1. Que pertence á orde dos anuros.

      2. Anfibio da orde dos anuros.

      3. Orde de anfibios integrada por unhas 2.000 especies de animais relativamente ben adaptados á vida terrestre, saltadores e carentes de cola en estado adulto. Teñen unha columna vertebral curta, e as extremidades posteriores bastante longas en disposición parasaxital, adaptadas ao salto. A pel é lisa ou verrugosa, e algúns anuros teñen glándulas velenosas. Os ollos, redondos e saídos, teñen unha membrana transparente que fai de terceira pálpebra. A miúdo carecen de dentes e a maioría posúen unha lingua protáctil que empregan para cazar insectos. A maioría levan unha vida predominantemente terrestre e respiran por pulmóns ou cutaneamente; aínda que na fase larval, cabezolo ou cágado, todos son acuáticos e respiran fundamentalmente por branquias. De distribución mundial, viven á beira de lagoas, estanques, ríos, etc, agás nas zonas sumamente frías ou desérticas. En Galicia están presentes 5 familias das 21 que integran esta orde: discoglósidos, pelobátidos, hílidos, bufónidos e ránidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal derivado dun elemento calcóxeno.

    2. Composto laminar de fórmula química TX 2 , onde X é xofre, selenio ou telurio, e T é un metal de transición, como o titanio, o circonio, o vanadio, o molibdeno, etc. Presentan unha estrutura de láminas bidimensionais (XTX), paralelas entre elas, na que dúas capas aniónicas inclúen unha capa catiónica. Esta estrutura caracterízase polas unións intralaminares moi fortes e polas unións interlaminares febles. Estúdiase a súa utilización como cátodo nas baterías de automóbiles eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de cisticerco propio da especie Taenia multiceps que parasita a mamíferos herbívoros, aos que lles provoca a enfermidade denominada cenurose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade ovina e doutros animais herbívoros causada polo cenuro. Ataca o sistema nervioso central e afecta principalmente á locomoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos sales do ácido cianhídrico. Hai catro tipos estruturais: iónicos, covalentes, complexos con grupos discretos e supercomplexos, derivados metálicos dos anteriores. Os metais alcalinos e algúns alcalinotérreos forman cianuros iónicos; a prata e outros metais nobres forman cianuros covalentes e moitos metais de transición forman cianuros complexos da forma [Mx+(CN)n]+x-n. Os cianuros alcalinos son moi velenosos xa que ao inxerilos desprenden ácido cianhídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN)6]3-. Os ferricianuros obtéñense tratando un sal de ferro(III) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción Fe2(SO4)3+12KCN "Times New → 3K2SO4+2K3Fe(CN)6. Tratando un ferricianuro soluble con Fe2+ obtense o ferricianuro ferroso, ou azul de Turnbull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(II), de fórmula [Fe(CN)6]4-. Obtéñense tratando un sal de ferro(II) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción:

    FORMULA

    FeCl2+6KCN "Times New → 2KCl+K4Fe(CN)6
    Tratando un ferrocianuro soluble con Fe3+ obtense o ferrocianuro férrico ou azul de Prusia. A análise estrutural con raios X estableceu que o ión ferrocianuro se compón dun átomo de ferro envolto de 6 grupos CN- dispostos nos vértices dun octaedro regular, do que o átomo de Fe ocupa o centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos compostos que conteñen na súa molécula o grupo - N = C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que pertence ao grupo das diclorofenilureas e que actúa como herbicida. O seu mecanismo de acción é interferir a fotosíntese. Está autorizado sobre monocotiledóneas anuais e dicotiledóneas en cultivos de millo, xirasol e algunhas plantas hortícolas en preemerxencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido urónico de seis átomos de carbono, que deriva da manosa por oxidación do grupo alcohólico primario. É un epímero do ácido D-glucurónico e do galacturónico. Atópase no ácido alxínico, xunto co ácido L-gulurónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘doente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que está situado na parroquia de Baíste (Avión). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tisanuros.

    2. Insecto da orde dos tisanuros.

    3. Orde de insectos apterigotos, de pequena ou mediana dimensión, co corpo fusiforme e de cor escura, ás veces con reflexos metálicos que se producen nas escamas. Teñen antenas longas con múltiples artellos, ollos compostos, aparato bucal mastigador e 11 segmentos abdominais. Viven en ambientes moi diversos: húmidos, secos, escuros, claros, baixo pedras, en formigueiros ou entre a roupa. A orde comprende especies cosmopolitas, omnívoras e tamén fitófagas.

    VER O DETALLE DO TERMO