calcoxenuro

calcoxenuro

(

  1. s m [QUÍM]

    Sal derivado dun elemento calcóxeno.

  2. s m [QUÍM]

    Composto laminar de fórmula química TX 2 , onde X é xofre, selenio ou telurio, e T é un metal de transición, como o titanio, o circonio, o vanadio, o molibdeno, etc. Presentan unha estrutura de láminas bidimensionais (XTX), paralelas entre elas, na que dúas capas aniónicas inclúen unha capa catiónica. Esta estrutura caracterízase polas unións intralaminares moi fortes e polas unións interlaminares febles. Estúdiase a súa utilización como cátodo nas baterías de automóbiles eléctricos.

Palabras veciñas

calcotipia | calcotriquita | calcóxeno | calcoxenuro | calcoxisto | calculabilidade | calculable