calcoxenuro
calcoxenuro
(
-
s
m
[QUÍM]
Sal derivado dun elemento calcóxeno.
-
s
m
[QUÍM]
Composto laminar de fórmula química TX 2 , onde X é xofre, selenio ou telurio, e T é un metal de transición, como o titanio, o circonio, o vanadio, o molibdeno, etc. Presentan unha estrutura de láminas bidimensionais (XTX), paralelas entre elas, na que dúas capas aniónicas inclúen unha capa catiónica. Esta estrutura caracterízase polas unións intralaminares moi fortes e polas unións interlaminares febles. Estúdiase a súa utilización como cátodo nas baterías de automóbiles eléctricos.