Gansu
Sheng de China, na rexión do Noroeste, situada fronte a Mongolia (454.000 km2; 25.190.000 h [estim 1999]). A súa capital é Lanzhou. En 1954 foille anexionada a provincia de Ningxia (66.400 km2). É unha rexión montañosa de clima continental, con invernos moi rigorosos. Distínguense diversas rexións: a oriental, que se estende polo curso medio do Huang He, formada por altiplanos de loess, onde se cultiva trigo, arroz, millo, algodón e tabaco, e onde está Lanzhou; e a occidental, rexión semidesértica que se estende ao pé das montañas de Nan Shan, con ricos oasis, onde se concentra a poboación. Gansu prolóngase cara ao N na rexión de Ningxia, chaira aluvial ben regada. É rica en recursos minerais, petróleo ao SO, sal e sosa ao N, no deserto. Propios de Lanzhou son os depósitos de carbón, ferro, bauxita e xofre.