ganso -sa

ganso -sa

(< gótico *gans)

  1. s [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos anátidos e da orde dos anseriformes, das que se describiron quince especies. Trátase dun animal voador de moito tamaño e peso, de complexión robusta, pescozo relativamente longo, peteiro forte e groso, dentado, e patas adaptadas para camiñar. Aliméntanse de herbas e gran. A maior parte das especies son gregarias e migradoras, e voan longas distancias a grandes alturas. Algunhas especies de presenza moi escasa en Galicia son o ganso campestre, o ganso pequeno e o ganso carinegro.

  2. ganso común [ANIMAL/ORNIT]

    Ave duns 79 cm de longo e 155 cm de envergadura, que presenta cor parda grisácea no dorso, máis clara no ventre; as partes superiores das ás teñen un gris pálido, co bordo negro. A cola é branca cunha banda parda. As patas rosadas e o peteiro alaranxado. Trátase dunha especie invernante, en pequeno número en Galicia.

Palabras veciñas

ganoína | ganose | ganseira | ganso -sa | Ganso, El | Gansu | Gante