Gante, Pacificación de

Gante, Pacificación de

Acordo asinado o 8 de novembro de 1576 na cidade de Gante entre as provincias protestantes do N e as católicas do S, por mor do saqueo de Anveres realizado polos tercios casteláns amotinados. No pacto, recoñecido por don Xoán de Austria mediante o Edito Perpetuo (1577), pediuse a retirada inmediata dos tercios de Flandres, proclamouse a tolerancia relixiosa e esixiuse a devolución de todos os bens confiscados durante o goberno do duque de Alba. O acordo foi roto pola Unión de Arrás (1759) na que as provincias católicas volveron recoñecer a autoridade de Filipe II.

Palabras veciñas

Gansu | Gante | Gante, Guillerme de | Gante, Pacificación de | Gante, Xoán de | gantés -sa | Gantt, Henry Laurence