Gante, Xoán de
Militar e político inglés, duque de Lancaster e de Aquitania (1390-1399), fillo de Enrique III de Inglaterra. Casado desde 1359 con Branca de Lancaster, de quen herdou o título ducal, apoiou o exército de Pedro I o Cruel que derrotou a Enrique de Trastámara na Batalla de Nájera (1367). Tras casar en segundas nupcias cunha filla de Pedro I, converteuse nun dos pretendentes ao trono castelán e tentou en varias ocasión invadir Castela coa axuda de Pedro IV de Aragón, Carlos II de Navarra e Fernando I de Portugal. Tras someter ao control inglés o S de Francia, as súas tropas desembarcaron na Coruña e ocuparon Santiago de Compostela e Ourense (1387), pero foron derrotadas polos exércitos casteláns. En 1388, tras asinar o Tratado de Baiona, renunciou ás súas pretensións ao trono castelán e concertou o casamento da súa filla Catarina de Lancaster co futuro Enrique III de Castela.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Gante -
Deceso
Lugar : Londres