"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Enviado aos EE UU (1950), encabezou unha rede de espionaxe que se apoderou dos planos do primeiro cruceiro nuclear norteamericano. Foi detido en 1957 e cinco anos despois intercambiárono por dous espías norteamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor armenio romántico. Escribiu a novela histórica de exaltación patriótica Rany Armenii (As feridas de Armenia), primeira en lingua popular e publicada postumamente (1856). Tamén cultivou a poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (?1875 - 1955) Patólogo ruso. Describiu o tumor muscular que leva o seu nome e designa un tipo concreto de mioblastoma . Publicou Osnovy chastnoi patologicheskoi anatomii (Anatomía patolóxica dos ganglios simpáticos, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega.
    Os seus traballos centráronse na arqueoloxía romana, no que salientaron as investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática. Rematou o corpus de mosaicos romanos dos conventos lucense e bracarense e os fascículos correspondentes a Galicia do Corpus Signorum Imperii Romani (Corpus das inscricións do Imperio Romano) e da Tabula Imperii Romani (Táboas do Imperio Romano).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección, a miúdo subclínica, do tracto respiratorio e da conxuntiva, causada por algunha especie de adenovirus. O cadro clínico caracterízase por febre e farinxite, e ás veces tamén por conxuntivite, larinxite ou otite.

    2. Afección xeralmente benigna de mamíferos e aves causada por adenovirus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus de DNA de cadea dobre que producen afeccións, a miúdo asintomáticas, en mamíferos e aves, denominadas adenoviroses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus lucense, que segundo o relato de Plinio se localizaba probablemente na costa lucense entre Viveiro e cabo Ortegal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dunha área de control disposta á maneira de corredor e provista de radioaxudas para a navegación aérea. Denomínase tamén ruta controlada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía mexicana de aviación, creada en 1934 co nome de Aeronaves de México. En 1959 foi nacionalizada. Desde 1972 a 1988 denominouse Aeroméxico. Neste último ano privatizouse parcialmente e adoptou o nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana que correspondía, aproximadamente, á actual Tunicia e mais unha franxa de Alxeria. Orixinariamente a capital foi Útica. A cidade máis importante era Cartago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa do Marfil (3.850 km2; 203.730 h [1988]). Ocupa unha superficie de altitudes inferiores aos 200 m, próxima ao litoral do Golfo de Guinea. Cultivos forestais (madeiras preciosas) e de plantación (cacao, café, plátano). A capital, Agboville (26.914 h [1988]), ao NO da capital do estado, Abidjan, está situada no ferrocarril entre esta cidade e Ouagadougou (Burkina Faso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso de familia hebrea. Partidario nun primeiro momento do anarquismo de Bakunin, en 1872 uniuse ao movemento populista, e posteriormente, influenciado polas ideas de Ferdinand Lasalle, evolucionou cara ao marxismo. Xuntamente con G. Plekhanov, fundou o grupo marxista Liberación do Traballo (1883) e interveu no xornal Iskra (A chispa) de onde Lenin o conseguiu expulsar. Despois do II congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (1903), volveuse menchevique, polo que tralo triunfo bolchevique do 1917 tivo que exiliarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. A súa novelística sempre estivo envolta en controversias e polémicas: Kollegi (Colegas, 1959), Zv’ozdnyj bilet (Billete para as estrelas, 1961), Katapulta (Catapulta, 1964), L’ubov’k elektricestvu (Amor á electricidade, 1971) e Moj deduska-pam’atnik (O meu avó é un monumento, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo do Tsar Pedro o Grande e da súa primeira muller, Lopukhina. Apoiado polo clero, opúxose ás reformas de seu pai, que decidiu excluílo da sucesión ao trono (1716). Un ano despois fuxiu a Viena e a Nápoles, pero volveu a Rusia. Foi aprisionado e executado no 1718 por conspirar contra o Tsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico soviético. En 1934 descubriu, co seu irmán Artemij Isaakovič Alikhanian (1908 - 1978), a emisión de parellas electrón-positróns polos núcleos radioactivos. Estudiou tamén os raios cósmicos. En 1949 dirixiu a construción do primeiro reactor nuclear soviético e en 1961 a dun acelerador de protóns. Tivo un papel destacado na creación da bomba nuclear soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa do SL da Comunidad Autónoma de Andalucía (8.774 km2; 455.496 h [1991]). A capital é Almería.

    VER O DETALLE DO TERMO