"rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia ideada en 1764 entre a Real Xunta de Comercio e Moeda e o Intendente do Exército e Reino de Galicia, Xulián Robiou. En 1765 celebrouse o acto inaugural da institución, que habería representar o espírito da Ilustración. Robiou designou 24 membros entre maxistrados, militares e altos funcionarios da administración, terratenentes da nobreza comarcal da Coruña e varios académicos residentes nas outras seis capitais do antigo Reino de Galicia. Entre eles foi elixido o padre Sarmiento, que se negou a aceptar o título de Académico de Honor. Reuníronse durante dez anos para discutir asuntos relacionados coa decadencia da agricultura en Galicia e os seus posibles remedios, fomentar os cultivos máis convenientes e incorporar ao agro galego medios técnicos axeitados coa finalidade de obter mellores colleitas. Tamén redactaron memorias e publicaron informes que non haberían de contar co apoio dos poderes públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conducir a través dun carreiro ou camiño.

    2. Encamiñar cara a algún lugar o gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbores ou arbustos de follas perennes, carentes de glándulas e moi dentadas, con froitos puntiagudos. En Galicia atópase de forma espontánea na serra do Xurés e como ornamental en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sen defecto físico, de boa feitura. OBS: Só se usa na expresión san e acorreito para referirse tanto a persoas como a animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr protexido por Henrique III de Brabante, por Guy de Dampièrre e pola corte de Francia. Foi un hábil versificador que renovou a epopeia francesa cos poemas Les Enfances Ogier, Berthe aux grands pieds e Beuves de Commarchis e a novela fantástica en verso Cléomadès.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta do L da Illa de Tambo, na ría de Pontevedra, no termo municipal de Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicou a súa vida ao exercicio da avogacía e ao estudo do Dereito Civil Galego.
    Ingresou na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación no 1970. Foi Deputado no Parlamento de Galicia entre 1985 e 1989.
    En 2003 recibiu o premio honorífico Cidade de Pontevedra outorgado polo Concello "pola súa traxectoria vital na loita pola recuperación da memoria histórica, exemplo de honestidade e entrega comprometida co noso tempo e coa nosa terra, no que se personalizan os valores democráticos e de solidariedade". En 2011, o goberno de España concedeulle a Medalla ao Mérito do Traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar a rolos os feixes de leña pola afreita abaixo.

    2. Cavar nos regos para limpar a bouza ou maleza do fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Papas cociñadas con fariña de avea cocida e leite.

    2. Fariña de avea que está a medio moer.

    3. Gran que despunta nalgúns cereais como a avea.

    VER O DETALLE DO TERMO