Dick Tracy

Dick Tracy

Personaxe de cómic creado polo debuxante norteamericano Chester Gould. Apareceu por vez primeira no New York Daily News en outubro de 1931. Trátase dun policía que, na época de máis actividade do gangsterismo, emprega todo tipo de estrataxemas ilegais para acabar cos seus rivais. Trala retirada do seu creador en 1977, o novelista Max Allan Collins e os debuxantes Dick Fletcher e Dick Lochercontinuaron coa produción da serie. En 1994 foi levado ás pantallas cinematográficas da man de Warren Beatty, Al Pacino, Dustin Hoffman e Madonna.