"rundi" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Poeta en lingua árabe. É autor dunha casida, coñecida por Nūniyya, na que canta a perda das cidades andaluzas do reino nazarí de Granada diante do pulo militar dos reinos cristiáns do norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De aspecto semellante ou relativo ás canas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Tomou parte nos movementos independentistas e participou na Asamblea Constituínte de 1823. Foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829-1830) e presidente da Asamblea de Guatemala en 1837. A partir de 1848 dirixiu o xornal El álbum republicano. En 1849 houbo de fuxir de Guatemala e refuxiose en Honduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África centroriental, limitado ao N por Rwanda, ao O por República Democrática do Congo, e ao L e ao S por Tanzania (27.834 km2; 5.943.000 h [1996]). Esténdese entre os 2° e 4° de latitude S e os 29° e 31° de lonxitude L. A capital é Bujumbura.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Distínguense catro rexións xeomorfolóxicas: os altiplanos centrais, de 1.500 a 2.000 m de altitude; a rexión montañosa setentrional, por riba dos 2.600 m; a rexión Imbo, entre 800 e 1.000 m de altitude, que arrodea o lago Tangañika; e as rexións deprimidas do L.
    Clima, vexetación e hidrografía
    O clima é ecuatorial, aínda que modificado nos lugares de máis altitude, cunha temperatura media anual de 20°C e unha pluviosidade duns 1.400 mm ao ano, agás na rexión do lago Tangañika, onde chega soamente a 800 mm. A vexetación é de sabana nas áreas de baixa altitude, e de bosque na rexión montañosa setentrional. Hidrograficamente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo e pertencente a Burundi ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Burundi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente os hirundínidos.

    2. Ave da familia dos hirundínidos.

    3. Familia de aves da orde dos paseriformes que teñen o corpo delgado, a cabeza aplanada e ampla, o pico curto, amplo e agudo, o pescozo curto, as ás longas e aguzadas, as patas febles e curtas, e a cola en forca. Comprenden as formas coñecidas co nome de andoriñas. Son gregarios, insectívoros e só paran en terra para recoller material para construír o niño. Destacan os xéneros Hirundo, Delichion, Riparia, Petrochelidon e Progne. Habitan en todo o mundo, excepto nos polos, as zonas desérticas e Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e místico. Autor dun comentario a Ḥ ikam de ibn ‘A ṭ ā ‘Allāh de Alexandría e de diversas epístolas de dirección espiritual. Representa un retorno ao sufismo primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de África Oriental baixo o mandato (1916-1946) e o fideicomiso belga (1946-1962), que se converteu, en 1962, nos estados de Rwanda e Burundi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibía o sector meridional do territorio de Rwanda-Urundi, baixo a administración fiduciaria de Bélxica, antes de obter a independencia en 1962, co nome de Burundi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao xerundio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma verbal latina que equivale a un participio pasivo de futuro en -ndus, que funciona como adxectivo atributivo (facinus laudandum ‘acción que debe ser loada’) ou como predicativo (facinus laudandum est ‘a acción debe ser enxalzada’).

    VER O DETALLE DO TERMO