hirundínido -da
hirundínido -da
(< lat científico Hirundo)
-
adx
Relativo ou pertencente os hirundínidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos hirundínidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de aves da orde dos paseriformes que teñen o corpo delgado, a cabeza aplanada e ampla, o pico curto, amplo e agudo, o pescozo curto, as ás longas e aguzadas, as patas febles e curtas, e a cola en forca. Comprenden as formas coñecidas co nome de andoriñas. Son gregarios, insectívoros e só paran en terra para recoller material para construír o niño. Destacan os xéneros Hirundo, Delichion, Riparia, Petrochelidon e Progne. Habitan en todo o mundo, excepto nos polos, as zonas desérticas e Nova Zelanda.