Hirundo
Hirundo
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de paseriformes de 20 cm de longo que pertencen á familia dos hirundínidos. Caracterízase por ter tronco esvelto, cabeza grande e pico curto, e presentar ás de gran voador. A cor do peito, ventre e subcola é branca. Son cosmopolitas, migradores e gregarios. A especie máis coñecida deste xénero é H. rustica, coñecida como andoriña.