"serto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 21.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto que constitúe o núcleo da Península Arábiga; é unha das maiores rexións desérticas do mundo. Limita ao norte co deserto de Siria, ao oeste coas montañas de Al- Ḥ i ǧ āz, ao sur con parte da anterior rexión montañosa e coa costa do Océano Índico, e ao leste co Golfo Pérsico. Trátase dun altiplano que descende progresivamente do oeste ao leste ata o Golfo Pérsico. O deserto está formado por diversas partes: o deserto de Bādiyat al-Šām, ao N; máis ao S está o gran deserto de Al-Nafūd, e continúa cara ao SL pola grande extensión do deserto de Al-Rub’ al-Hālī. Ao O, entre Al-Nafūd e ‘Al-Rub’ al-Hālī, atópase a rexión montañosa de Na ǧ d. Os oasis son moi escasos e case toda a rexión está deshabitada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto situado en Exipto e Sudán, entre o val do Nilo e o Mar Vermello. É un territorio montañoso composto de rochas cristalinas que culminan en Exipto no Ǧ abal Šā’ib al-Banāt (2.187 m) e en Sudán no Ǧ abal ‘Ōda (2.259 m). Posúe importantes recursos minerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proposición afirmativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aquel que asevera.
-
-
Que se afirma.
-
En Kant, o xuízo que corresponde á categoría da existencia, distinta da necesidade. É o que se chama verdade de feito.
-
-
REXIÓNS
Rexión árida de Chile, situada ao longo da costa entre os 20° e os 30° de latitude S, que forma parte das provincias de Antofagasta e Atacama. O núcleo atópase entre o meandro S do río Loa e as montañas que o separan da conca fluvial Chañaral-Copiapó.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Aragón, na provincia de Teruel. Caracterízase pola secura do seu clima e a grande erosión do solo. O seu centro rexional é a vila de Calanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao lugar que non está habitado ou onde non hai ninguén.
-
-
Rexión deshabitada pola poboación humana, xeralmente a causa das condicións adversas do medio natural, como poden ser o extremado rigor térmico (tanto nun sentido positivo como negativo), a escaseza das precipitacións e unha ausencia case total de fauna e flora. O termo engloba desertos fríos, coma o centrooriental de Islandia, desertos temperados, como os do mar de Aral, e desertos cálidos, como o do Sáhara. Os desertos cálidos e temperados (situados na zona intertropical, entre os 20° e os 35° de latitude N e S) caracterízanse por temperaturas extremas, cunha grande oscilación diaria e anual, un total de precipitacións anuais baixas (inferior a 200 mm), un réxime de circulación hidrográfica esporádico, unha vexetación moi pobre e, como consecuencia de todos estes factores, ausencia de solo. Ocupan preto dun terzo da superficie total das terras emerxidas. Os máis importantes do hemisferio Norte son o do Sáhara, o de Arabia, o do Turkestán e o do SO dos EE UU e N de México; menos importantes...
-
deserto árido
Deserto da zona intertropical caracterizado pola extrema sequidade atmosférica, provocada pola persistencia sobre as masas continentais de grandes células anticiclónicas. Os principais axentes da erosión son os contrastes térmicos e o vento. As dilatacións e contraccións que experimentan as rochas nun espazo de tempo breve por mor da grande oscilación térmica diúrna, acaban por esnaquizalas en anacos minúsculos. Os grans de area, transportados polos fortes ventos (que son tamén resultado desa intensa oscilación térmica diúrna), deposítanse en grandes formacións de dunas, que constitúen a imaxe máis difundida das áreas desérticas, aínda que non ocupan máis ca unha superficie minoritaria dentro do conxunto. A vexetación do deserto redúcese a especies que, como as ombrófitas e as xerófitas, tomaron, grazas a unhas adaptacións especiais, formas con capacidade para vivir nestas condicións adversas. As ombrófitas levan unha vida latente grazas á resistencia das sementes, que lles permite revivir,...
-
deserto costeiro/peruano
Deserto orixinado polas correntes mariñas frías que estabilizan as masas de aire ao entrar en contacto con elas e impedindo os movementos de convección e precipitación. Son desertos das latitudes medias e, polo xeral, das fachadas occidentais dos continentes, como os de Namibia, o Sáhara Occidental, California e Perú.
-
deserto de abrigo
Deserto situado a sotavento dunha gran cordilleira, de xeito que as masas de aire perden a súa humidade mentres ascenden pola vertente de barlovento (efecto Foehn) e provocan unha gran secura na rexión.
-
deserto frío
Deserto propio das zonas circumpolares e dos límites inferiores das neves perpetuas nas altas montañas. A formación vexetal propia destas áreas está composta por plantas perennes, herbáceas, caméfitas ou hemicriptófitos. Na Península Ibérica está representada nos cumios de maior altitude como o dos Pireneos e da Cordilleira Cantábrica.
-
-
-
Aplícase á poxa, concurso ou premio ao que non concorre ninguén.
-
Aplícase ao premio que non se adxudica porque non se presentaron aspirantes ou porque os presentados non posúen suficientes méritos.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen deserta.
-
-
de inserir ou inserirse.
-
Aplícase ao órgano unido a outro.
-
-
REXIÓNS
Rexión semidesértica da África meridional, ao N do río Orange e ao S do lago Ngami, entre Botswana, a República Sudáfricana e Namibia. Ocupa uns 260.000 km2, cunha altitude media que vai entre os 800 e os 1.200 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto de area de Turkmenistán (350.000 km2), situado entre o Mar Caspio e o río Amudarja.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto do N de África, continuación oriental de Sáhara, que se estende desde as montañas do Tibesti ao O ata o val do Nilo ao L (2.000.000 km2). Está constituído por unha chaira inclinada cara ao O, onde destacan dunas e mesetas pedregosas, separada dos altiplanos do N de Cirenaica por unha gran depresión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona desértica que se estende ao longo da costa de Namibia e se sitúa ao pé dos altiplanos interiores de Ovamboland, Damaraland e Namaqualand. Extremadamente árida, a vexetación é moi escasa. Ten importantes depósitos de diamantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto do NL de África, situado en Sudán (400.000 km2). Esténdese desde o uadi Halfā’, ao N, ata Abū Ḥ amad, ao S, e desde o Nilo, ao O, ata a serra costeira do Mar Vermello, ao L. A parte oriental é pedregosa e de rochas volcánicas, mentres que na occidental abundan as extensións areosas. As precipitacións son escasas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación xerofítica e rara de arbustos e matas, propia de zonas subdesérticas ou moi secas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tipo de escritura siria empregada polos xacobitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Células alongadas, dispostas en forma de columnas, que sosteñen e nutren as células xerminativas dos condutos seminíferos.
-
PERSOEIRO
Xeneral romano. Foi tribuno militar en Hispania (98 a C) e legado durante a Guerra Social (91-88 a C). Como Sulla se opuxo á súa elección para o tribunado e entrou no partido democrático de Mario. Nomeado gobernador da Hispania Citerior polas forzas democráticas (82 a C), foi proscrito por Sulla e tivo que fuxir a Mauritania (81 a C), onde desbaratou ao exército deste. Reclamado polos lusitanos, volveu a Hispania onde chegou a establecer, contra o poder de Italia, un verdadeiro estado romano apoiado na amizade dos pobos ibéricos. Foi asasinado nunha conspiración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona desértica de Australia central, situada entre o lago Eyre e o altiplano de Barkly (100.000 km2).