Sertorio, Quinto
Sertorio, Quinto
Xeneral romano. Foi tribuno militar en Hispania (98 a C) e legado durante a Guerra Social (91-88 a C). Como Sulla se opuxo á súa elección para o tribunado e entrou no partido democrático de Mario. Nomeado gobernador da Hispania Citerior polas forzas democráticas (82 a C), foi proscrito por Sulla e tivo que fuxir a Mauritania (81 a C), onde desbaratou ao exército deste. Reclamado polos lusitanos, volveu a Hispania onde chegou a establecer, contra o poder de Italia, un verdadeiro estado romano apoiado na amizade dos pobos ibéricos. Foi asasinado nunha conspiración.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nursia -
Deceso
Lugar : Huesca