"seu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

  • pos V cadanseu

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre-Albert Espinasse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo nacional británico de arqueoloxía e antigüidades situado en Londres. Forma un conxunto complexo. Foi creado por unha lei do Parlamento en 1753 cando o goberno británico mercou a colección do naturalista sir Hans Sloane composta por libros, debuxos, manuscritos, cadros, moedas e outros obxectos. Os fondos reuníronse en dous terreos diferentes: a colección de documentos históricos e a investigación da natureza. Máis adiante adquiriu as súas ricas coleccións da antigüidade grega, romana, exipcia e oriental, ademais dunha gran colección de debuxos. Aínda que as seccións científicas foron enviadas a outros lugares (Geological Museum, British Museum of Natural History en 1881), o museo continúa concentrando unha colección histórica e artística que é única no seu alcance. A súa colección literaria foi a base da British Library, a biblioteca nacional británica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo noruegués. Editou os poemas do Edda (1867) e defendeu a orixe norueguesa das sagas en Estudier over de nordiske gude-og heltesangs oprindelse (Estudios sobre a orixe das lendas divinas e heroicas do norte, 1881-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pos Forma especial do galego que ten un valor posesivo-distributivo e que presenta variacións de xénero e número: cadanseu, cadansúa, cadanseus e cadansúas, aínda que son máis frecuentes as formas en singular. Estas formas empréganse para distribuír ou adxudicar un determinado obxecto ou un mesmo número de obxectos, entre varios posuidores, considerados individualmente (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia na que se transforman os tecidos que sufriron necrose por mor da tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da Melanesia, no arquipélago das illas Salomón, de orixe volcánica (5.850 km2), ao L de Nova Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe feudal da Champagne. Durante o s XVII foron marqueses e duques de Praslin, condes de Chevigny, pares de Francia e condes do Imperio Francés no 1810. Entre os seus membros destacan Étienne François de Choiseul e César Gabriel de Choiseul (París 1712-1785), curmán do anterior, que foi ministro de Estado (1761) e da Mariña e Colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político francés, duque de Choiseul e conde de Stainville. Iniciou a súa carreira política en 1753, baixo a protección de Madame de Pompadour. Dirixiu a política francesa entre 1758 e 1770 desde diversos cargos. Concluíu o Pacto de Familia de 1761 cos Borbón de España, refixo o exército e a armada, incorporou a Lorena (1766) e fixo expulsar os xesuítas de Francia (1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal das Augas de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome hebreo composto de El (apócope de Elohim ‘Deus’) e o verbo ish’ ‘salvar, axudar’, isto é, ‘Deus é salvador’. Introduciuse na lingua a través do grego ἐ λισα ῐ ος e o latín eclesiástico Elisaeus. Presenta a variante Eliseo e o hipocorístico Cholo. Eliseu foi un profeta bíblico (s IX a C) discípulo e sucesor de Elías. A súa festividade celébrase o 14 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta de Israel, discípulo e sucesor de Elías. A súa historia nárrase no Antigo Testamento, no primeiro Libro dos Reis. Era un labrego do que conta a lenda que, cando estaba a realizar as súas tarefas no campo, se lle achegou Elías, quen lle puxo o seu propio manto sobre os ombreiros; este acto significaba que fora designado por Deus para sucedelo no seu labor profético predicando o iavismo e combatendo a idolatría e os cultos pagáns a deuses fenicios como Baal e Astarté. Foi conselleiro do rei de Israel e atribúenselle numerosos milagres e predicións. Na iconografía leva unha túnica e un palio, e como atributos, unha aguia ou pomba de dúas cabezas (símbolo do dobre espírito) e un oso. A súa festividade celébrase o 14 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Nome co que é coñecido Odisseus Alepudelis, introdutor das correntes europeas na poesía neogrega a través da revista Nea Grammata. Da súa produción destaca Orientacións (1940), O sol primeiro (1943), O monograma (1973) e María Nefeli (1978). Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo e galería de arte da Cambridge University, fundado en 1816 polo sétimo vizconde de Fitzwilliam de Merrion (1745-1816). O edificio iniciouno en 1837 G. Basevi (1794-1845) e rematouno en 1875 E. M. Barry (1830-1880). Acolle unha importante colección de pintura italiana e de moedas gregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución museística con sede en Nova York. Naceu para acoller a colección de arte do s XX de Solomon R. Guggenheim. O edificio central foi realizado por Frank Lloyd Wright. En 1992 ampliouse cun edificio anexo e instalouse, nun edificio do Soho restaurado por Arata Isokai, un museo de arte contemporánea. O proceso de descentralización do museo levou a Solomon R. Guggenheim á apertura de centros museísticos en Venecia, que acolle a Peggy Guggenheim Collection, Las Vegas, Berlín e Bilbao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte construído en Berlín (1897-1904) por Ernst von Ihne. Despois da Segunda Guerra Mundial, as súas coleccións pasaron ao Bode-Museum, en Berlín Oriental, e ao Staaliche Museen, en Berlín Occidental. Trala unificación de 1990, a xestión do seu patrimonio mantívose no Staatliche Museen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1965 por Algur H. Meadows na Southern Methodist University of Dallas (Texas). Dedicado ao estudo e divulgación da arte española, a súa colección está composta por obras de importantes pintores e escultores que abranguen desde o s X ao s XX. Posúe unha das grandes coleccións privadas de pintura española con obras de Goya, Velázquez, Murillo, Zurbarán, Miró e Picasso, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en Nova York en 1880. A diferenza dos grandes museos europeos, os seus fondos foron reunidos por iniciativa privada. Ten coleccións de arte exipcia, grega, romana, oriental e europea, especialmente pintura do s XV. Conta con seccións de arte contemporánea, armas, indumentaria e instrumentos musicais. En 1938 inaugurouse a sección de arte medieval, The Cloisters, situada nun edificio independente, no que se colocaron monumentos trasladados desde Europa, dos que destacan o claustro de Sant-Guilhem-del-Desert e o templo Dender, regalado a EE UU polo goberno exipcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte antiga fundado en 1884 baixo o nome de Museu Nacional de Belas Artes e Arqueologia, no palacio Alvor-Pombal de Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan do espolio artístico sofrido por numerosos conventos portugueses en 1834; posteriormente incrementáronse con doazóns e novas adquisicións. A súa colección abrangue desde restos arqueolóxicos a obras pitóricas europeas da Idade Moderna, desde o s XII ao XIX, gravados dos ss XIX e XX, así como todo tipo de obxectos preciosos e artes decorativas. En 1911 modificou o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1934 en Barcelona baixo o goberno da Generalitat. Con sede no Palau Nacional de Montjuïc, o Museu d’Art de Catalunya inicialmente amosaba ao público a evolución das artes plásticas en Catalunya desde o prerrománico ata a época moderna e pretendía converterse nun centro activo da investigación e da divulgación da arte catalá. Cerrado en 1937, foi reaberto en 1941, sen as obras dos dous últimos séculos, que constituíron o Museu d’Art Modern Barcelona (1945). Consta de tres grandes seccións, a de arte románica, a de arte gótica e a do Renacemento e o Barroco. A partir da promulgación da lei de museos catalá (1990), adquiriu a categoría de nacional e volveu integrar o Museu d’Art Modern xunto co Gabinet Numismátic e a Biblioteca dels Museus d’Art de Barcelona. É xestionado por un organismo autónomo con representación da Generalitat de Catalunya e do concello de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO