"toi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • PERSOEIRO

    Científico nado en Irlanda pero de orixe e educación francesas. Estudiou o magnetismo terrestre e realizou co seu irmán, Arnaud Michel d’Abbadie estudios xeodésicos, filolóxicos, lexicográficos e xeográficos en Etiopía (1837-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore da subfamilia das abietoideas.

    2. Subfamilia de árbores da familia das pináceas á que pertencen os xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga e Tsuga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aciloína derivada do ácido acético. Fórmase en diversas fermentacións e en particular na fermentación láctica. Considerada inocua, emprégase como vehículo de recendos e esencias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao alantoide.

    2. ácido alantoico

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura en forma de saco que crece na parte ventral da farinxe primitiva nos embrións dos vertebrados amniotos, e que é o resultado do desenvolvemento precoz da vexiga urinaria. Presenta unha rede moi rica en capilares sanguíneos, que están en comunicación co sistema circulatorio do embrión. Estes capilares permiten a respiración e a excreción do embrión e, nos mamíferos, a nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto de oxidación do ácido úrico, de fórmula C4H6N4O3 que, nos mamíferos distintos dos primates, incluíndo a especie humana, é o termo final do catabolismo das purinas. Atópase nos seus ouriños e tamén en numerosos vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten alantoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director de escena e realizador cinematográfico francés. Foi o creador do Théâtre Libre en París, compañía coa que, entre 1887 e 1894, realizou diversos espectáculos nos que desenvolveu e popularizou a corrente naturalista de Èmile Zola, presentando na capital de Francia a autores do relevo de August Strindberg, Henrik Ibsen ou Gerhart Hauptmann. No 1897 fundou o Théâtre Antoine e no 1906 foi nomeado director do Odeón. Pode considerarse un dos fundadores da dirección de escena como disciplina artística. As súas achegas van desde a consideración do deseño escenográfico, como un elemento determinante na posta en escena, ata cuestións tan relevantes na recepción, como a necesidade de apagar as luces da platea, palcos e outros espacios ocupados polos espectadores durante a función. Incorporado ao cine no 1914, o seu sentido do realismo avanzou o que moitos anos máis tarde sería a esencia do Neorrealismo italiano. Entre as súas obras destacan Les frères corses (Os irmáns corsos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi un dos principais representantes do Neoclasicismo. Foi o autor da Nova Casa da Moeda de París (1768-1777), de estilo clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín Antoninus, derivado de Antonius. Á dinastía romana dos Antoninos (96-192) pertenceron os emperadores Nerva, Traxano, Adriano, Antonino, Pío, Marco Aurelio e Cómodo; durante o seu goberno, traballouse dabondo na creación e reparación das vías romanas da Gallaecia. Santo Antoíño é titular dunha parroquia e patrón do concello de Toques, onde se celebra a súa festividade o día 2 de setembro. Entre as variantes deste nome atópanse Antuíño e Antuín; nas falas astur-galegas tamén se atesta a forma Antolín. Na tradición oral recóllense cantigas tales como: “Santo Antoíño / aparecede vós / que o desmo das fabas / pagámolo nós”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son escasos e algo confusos os datos que fan referencia a este santo. Unhas fontes lígano á cidade occitana de Pamiers ao identificalo co fillo dun príncipe galo, discípulo de san Denís, evanxelizador da Galia Narbonense e primeiro bispo de Pamiers. Outra tradición relata que no s XII o conde Roger II de Foix, quen loitara nas cruzadas na cidade siria de Apamia, trouxo de alá as reliquias dun mártir chamado Antonino e logo fundou na Occitania unha vila que bautizou tamén como Apamia (hoxe Pamiers), depositando alí as reliquias do mártir que acabou por se converter en santo local. Por último, hai tamén quen o identifica con santo Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Responsable da adopción do sistema métrico decimal na República Francesa, foi antecesor de Cauchy, Boole, Hamilton e Grassmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. O seu nome, como o das súas irmás Agnès de Saint-Paul e Angélique-Marie de Sainte-Madeleine, abadesas do mosteiro de Port-Royal, vai ligado ao Xansenismo. As súas obras De la fréquente communion (Da frecuente comuñón, 1643) e Lettres à une personne de condition (Cartas a unha persoa de condición, 1655) valéronlle a expulsión da Universidade de París. Escribiu coa colaboración de Lancelot unha Grammaire générale et raissonnée (Gramática xeral e razoada, 1690) e dous anos despois, coa de Nicole, Logique de Port-Royal (Lóxica de Port-Royal). No ano 1667 publicou tamén uns Nouveaux éléments de géometrie (Novos elementos de xeometría). Cando o Xansenismo foi condenado por Alexandre VIII (1690), fuxiu a Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De aspecto ou forma parecida a un oso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia do N de Francia que corresponde, en gran parte, ao departamento de Pas-de-Calais. A capital era Arras. O territorio da Civitas Atrebatensis formou parte durante a Alta Idade Media do Condado de Flandres. Filipe II Augusto de Francia adquiriuna no ano 1191. Por sucesión feminina pasou aos duques de Borgoña (1405), que dominaron o territorio durante máis de dous séculos. O acceso da Casa de Habsburgo á titularidade destes dominios deu lugar á incorporación total de Artois ao Sacro Imperio como parte do conglomerado dinástico e territorial dos Países Baixos, e por conseguinte, dende Carlos I á monarquía hispánica. A política expansionista da monarquía francesa conseguiu a incorporación de Artois pola Paz dos Pireneos (1659), agás Saint-Omer e Aire, que foron incorporados máis tarde pola Paz de Nimega (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurisdición feudal concedida en apanaxe no 1237 por Luís IX de Francia ao seu irmán Roberto (1216-1250). Despois da definitiva incorporación do condado de Artois a Francia, o título de conde de Artois foi concedido a algúns príncipes da familia real francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise da inflorescencia na que as flores masculinas e femininas están en distintos ramos.

    2. Dise do fungo que completa o seu ciclo vital nunha única planta hospedeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indución electromagnética producida nun circuíto polas variacións da corrente que circula por el. A autoindución vén dada polo coeficiente de autoindución, chamado tamén indutancia. En corrente continua, a autoindución provoca no peche e na ruptura do circuíto a chamada extracorrente. Na corrente alterna, a corrente que circula é inferior á orixinada pola resistencia óhmica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente de autoindución chamado normalmente indutancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección que, nun momento dado, afecta a un individuo portador dos xermes causais, e que durante un longo tempo non provocaron nel ningún transtorno. A infección prodúcese ao aumentar a virulencia do microorganismo ou ben ao diminuír a resistencia do individuo portador.

    VER O DETALLE DO TERMO