"toino" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Nome procedente do latín Antoninus, derivado de Antonius. Á dinastía romana dos Antoninos (96-192) pertenceron os emperadores Nerva, Traxano, Adriano, Antonino, Pío, Marco Aurelio e Cómodo; durante o seu goberno, traballouse dabondo na creación e reparación das vías romanas da Gallaecia. Santo Antoíño é titular dunha parroquia e patrón do concello de Toques, onde se celebra a súa festividade o día 2 de setembro. Entre as variantes deste nome atópanse Antuíño e Antuín; nas falas astur-galegas tamén se atesta a forma Antolín. Na tradición oral recóllense cantigas tales como: “Santo Antoíño / aparecede vós / que o desmo das fabas / pagámolo nós”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son escasos e algo confusos os datos que fan referencia a este santo. Unhas fontes lígano á cidade occitana de Pamiers ao identificalo co fillo dun príncipe galo, discípulo de san Denís, evanxelizador da Galia Narbonense e primeiro bispo de Pamiers. Outra tradición relata que no s XII o conde Roger II de Foix, quen loitara nas cruzadas na cidade siria de Apamia, trouxo de alá as reliquias dun mártir chamado Antonino e logo fundou na Occitania unha vila que bautizou tamén como Apamia (hoxe Pamiers), depositando alí as reliquias do mártir que acabou por se converter en santo local. Por último, hai tamén quen o identifica con santo Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa e mosteiro situado na parroquia de Baíñas (Vimianzo). O antigo mosteiro medieval, de orixe descoñecida, foi fundado durante o episcopado de Sisnando I, bispo de Compostela. Tivo o título de abadía ata o ano 1417, data na que foi anexionado ao cenobio de San Pedro de Fóra de Santiago, por privilexio do arcebispo don Lope de Mendoza. En 1487 converteuse en priorado de San Martiño Pinario. Actualmente é igrexa parroquial. Das súas antigas dependencias só se conserva o templo de estilo románico avanzado, datado no primeiro terzo do século XIII; destaca a ábsida, de planta rectangular, cun arco triunfal apuntado e dobrado que descansa en capiteis troncocónicos con decoración vexetal moi xeometrizada. No exterior son notables as arcadas de medio punto que se dispoñen entre os contrafortes da capela. Nos beirís dos tellados da nave consérvanse numerosos canzorros decorados con figuras humanas. O tímpano da porta norte decórase coa figura dun xinete, de formas moi bastas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santoíño, na parroquia de Piúgos (Lugo). Fundouno Pedro, bispo de Lugo cara ao 1030. Despois de 1038 doouno a Miguel Amiquiz e este aos reis Fernando I e Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘coello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado na Capela (Toques). Documentado no s X, o Rei García I concedeulle a herdade de Melide. Por unha bula do Papa León X anexionouse ao mosteiro de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, de orixe prerrománica, cunha soa nave e ábsida rectangular. A fachada e a parte dianteira da nave refixéronse en época posterior. Á ábsida accédese por un arco de medio punto peraltado. Cóbrese con bóveda de canón peraltada. Destacan no exterior o conxunto de pequenos arcos de medio punto que percorren o muro da ábsida. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO