"triac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • Österreichische Akademie der Wissenschaften.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario da casa de Austria durante a Guerra de Sucesión á coroa hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Austria ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Austria.

    3. Arte desenvolvida nos territorios xermánicos que constituíron o núcleo tradicional do patrimonio da casa de Austria e, posteriormente, a República de Austria. A influencia das ordes mendicantes favoreceu en Austria a oposición á catedral gótica de tipo francés, esta foi substituída por un tipo de igrexa funcional que chegou a ser o novo ideal da arquitectura relixiosa alemana. No s XV déuselle grande importancia aos altares e aos baldaquinos; o tirolés Michael Pacher foi o gran precursor de Durero na tarefa de sintetizar a arte alemá e italiana. Nos ss XVI e XVII, a preeminencia de Bohemia motivou un período de estancamento para a arte austríaca. O sobrio Barroco tardío foi unha síntese do Clasicismo francés e do Barroco italiano, iniciado por Johann Bernhard Fischer von Erlach. A arte austríaca non tivo un Gótico florido, nin un Manierismo, nin tampouco un Rococó nin un Romanticismo exaltado; a mesura tradicional formou tamén a obra setecentista do escultor Georg Raphael Donner; na pintura...

    4. Cine producido en Austria. Coa chegada do cine falado, da tradición musical e do espectáculo en Viena foi a base fundamental para unha ampla produción de comedias “vienesas” e operetas filmadas. W. Forst creou un “estilo vienés” do filme musical. A Segunda Guerra Mundial destruíu esta industria, que non se refixo ata os anos 1948-1950. Pabst con Der Prozess (1948) e Cavalcanti coa realización de Herr Puntila und sein Knecht Matti (1956) de Brecht, foron os dous indicadores do rexurdimento cinematográfico que, malia os seus esforzos, non foi secundada. A produción decaeu ata os tres filmes anuais no 1971, a causa, en parte, da forte dependencia con respecto á cinematografía alemana. Aínda así, a tendencia dos filmes de autor, de arte e ensaio, malia que minoritaria, tivo como resultado unha produción de calidade, con poucos títulos ao ano, que a principios da década dos oitenta conseguiu galardóns importantes en festivais e encontros cinematográficos internacionais. Entre...

    5. Escola de pensamento económico centrada na cidade de Viena, unha das tres variantes do Marxinalismo (1870-1930). O seu fundador, Karl Menger, iniciou, con Jevons e Walras, a revolución marxinalista. Os seus principais discípulos foron Eugen von Böhm-Bawerk e Friedrich von Wieser. Nos seminarios de Viena formáronse os pais da nova escola austríaca, entre outros: Ludwig von Mises, Friedrich August von Hayek, Weis e Somary. Os economistas da escola austríaca caracterízanse por empregar un método antihistoricista e antifuncionalista, influído polo positivismo do círculo de Viena e polo aristotelismo do Schottengymnasium. Consideraban que o obxecto da economía non era o de investigar as magnitudes, senón a esencia do valor, da renda, do beneficio, etc; que non se trataba de descubrir leis empíricas, senón leis “exactas” que describisen as configuracións inmutables da vida económica e que, a partir da natureza física e humana, se puidese determinar o mundo económico. A causalidade e...

    6. Fases tectónicas do ciclo paleoalpino que se atoparon cara ao límite Aptiano-Albiano, a primeira, e cara ao límite Albiano-Cenomaniano, a segunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de separación dos materiais pulverizados segundo o seu volume e a súa densidade por suspensión e arrastre nun fluído. Esta técnica utilízase no caso da separación de partículas dunha medida inferior á do baruto máis fino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de expatriar ou expatriarse.

    2. Tempo en que alguén está expatriado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Triac previsto para que se dispare por un raio luminoso. En combinación cun elemento produtor de luz, como por exemplo un LED, permite obter un dispositivo de disparo por triac, cun illamento eléctrico total entre o circuíto de control e o de potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos Países Baixos do Sur para designalos durante o tempo en que estiveron baixo a dominación de Austria (1713-1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe de Vitry.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de repatriar ou repatriarse.

    2. Retorno dos capitais ao país de orixe. Adoita referirse ao proceso de liquidación de investimentos no estranxeiro e ao reinvestimento do produto no mesmo país investidor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo electrónico semicondutor que se emprega para controlar e regular unha corrente alterna. Está constituído basicamente por unha serie de catro capas p e n alternas e compórtase como un circuíto formado por dous tiristores conectados en paralelo e opostos, polo que conducen as dúas alternancias da corrente alterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquilo que ten tres espiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Triacastela, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Triacastela e Pedrafita do Cebreiro. Está composta por 11 parroquias principais e 7 anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Sarria situado no L de Galicia e da provincia de Lugo (42° 45’ 12’’ N - 7° 14’ 12’’ O). Limita ao N cos concellos de Láncara (comarca de Sarria) e Becerreá (Os Ancares), ao S cos de Pedrafita do Cebreiro (Os Ancares) e Samos (Sarria), ao L co das Nogais (Os Ancares); e ao O co de Samos (Sarria). Abrangue unha extensión de 51,2 km 2 cunha poboación de 811 h (2007) distribuídos nas parroquias da Balsa, Cancelo, Lamas do Biduedo, O Monte, Santalla de Alfoz, Toldaos, Triacastela e Vilavella. A súa capital, a vila de Triacastela, está situada a 53 km de Lugo e a 71 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Lugoe ao partido xudicial de Becerreá.
    Xeografía física
    O concello de Triacastela é un territorio bastante illado ao estar rodeado de terras que superan os 1.000 m de altitude que forman parte dos contrafortes das serras orientais galegas. Estes rebordos montañosos só aparecen cortados na área centro-occidental do concello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Pedro de Ermo na parroquia de Triacastela, no concello homónimo. Documéntase en 919 cando o Rei Ordoño II e a súa dona Elvira confirmaron a doazón que fixera a este mosteiro o seu avó Gatón, o fundador do mesmo. En 922 o mesmo rei doouno á igrexa compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Triacastela. Construída en estilo románico, reformouse no s XVIII. Ten planta dunha soa nave rectangular con cuberta a dúas augas. A fachada ten unha torre de tres corpos. No baixo atópase un pórtico con catro arcos que antecede á entrada. Remata cunha pequena cúpula octogonal. Destaca tamén un reloxo de sol realizado en lousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus e se emprega como oleandomicina, aínda que se absorbe mellor e ten unha acción máis rápida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido oleoso, pouco soluble en auga e miscible coa maioría dos solventes orgánicos, que se emprega como plastificante, disolvente e aditivo alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á molécula que ten tres grupos ácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • triglicérido.

    VER O DETALLE DO TERMO