"tx" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 47.

  • PERSOEIRO

    Político vasco. En 1929 ingresou no PNV-EAJ (Partido Nacionalista Vasco) e foi membro do Euskadi Buru Batzar, órgano superior do partido. Defensor da legalidade republicana, viuse na obriga de asinar o pacto de Santoña (1937), polo que Bilbao se rendía e entregaba as milicias vascas ao corpo expedicionario italiano. Prisioneiro durante seis anos, en canto o ceibaron incorporouse á resistencia, destacando como un dos líderes das folgas de 1947 e 1951. Coa restauración das liberdades democráticas, foi un dos máximos impulsores da Fronte Autonómica, (formada polos partidos nacionalistas e o PSOE) nas eleccións de 1977, sendo elixido deputado por Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra vasco. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Xenebra e director do hospital psiquiátrico de Bel Air na mesma cidade, que baixo o seu maxisterio se converteu nun centro de formación de sona internacional. Entre as súas obras destacan Le cortex cérébral (O córtex cerebral, 1960) e Manuel de Psychiatrie de l’enfant (Manual de psiquiatría do neno, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e lexicógrafo vasco, puntal científico do rexurdimento literario en éuscaro de comezos do s XX. No 1918 foi un dos doce primeiros membros da Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca). Escribiu artigos, opúsculos e libros sobre aspectos gramaticais do éuscaro, distinguíndose como defensor dun idioma a un tempo popular e científico. Autor de La vida del Euskera (1934-1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no concello de Aia (Gipuzkoa), mostra un amplo e variado conxunto de representacións animais gravadas e pintadas, clasificables dentro do estilo IV evolucionado de Leroi-Gourhan. Os temas representados abranguen animais como o bisonte -o grupo máis numeroso-, o reno, o raposo, aves, peixes e un antropomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Bizkaia, Euskadi, á beira do río Ibaizabal (15.818 h [1991]). Creouse no ano 1951 pola fusión de Amorebieta e Etxano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello de Mallorca que ocupa os últimos contrafortes da serra da Tramuntana (82 km2; 8.098 h [1996]). O turismo é un sector moi importante neste municipio: existen diversas zonas turísticas, amais das ruínas do antigo mosteiro da Trapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor vasco. Capelán cantor dos Reis Católicos (1489) e mestre de capela do príncipe don Xoán. Cóengo de Granada no 1499 e reitor da parroquia de Azpeitia dende 1504. Foi o autor do Cancionero musical de Palacio e de diversas pezas relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor vasco. Formado en Italia e relacionado coa Escola de Valladolid. É un dos máis destacados representantes do Manierismo de Michelangelo na Península Ibérica. Autor do retablo da Trindade da Catedral de Jaca (1578?) e doutro de San Miguel na Catedral de Zaragoza (1580?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldea do Camiño navarro a Santiago, entre Larrasoaña e Trinidad de Arre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Gipuzkoa, País Vasco (6.147 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Estudiante de danza na Escola Superior de Madrid, ingresou no Ballet Lírico Nacional en 1984. Traballou baixo a dirección de María de Ávila, Maya Plisetskaya, etc. Desenvolveu un importante traballo fóra de España, que a converteu en primeira figura do Ballet da Ópera de Berlín en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Ramón Armendáriz Barrios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseba Irazu Garmendia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Inicialmente combinou pintura e escultura. Influído polo Minimalismo, o Construtivismo e por actitudes como as de Beuys e Oteiza, a súa obra expresa o xogo de tensións entre as formas simples, o móbil e o estático. En 1990 estableceuse en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa familia exiliouse a Francia e a Arxentina, onde se formou e iniciou a súa actividade artística. Ao seu regreso realizou a decoración da cripta de Aránzazu (1954). Cultivou a escultura, influído por Oteiza. A súa obra, realizada con materiais diversos, está arraigada coa estética tradicional vasca. Traballou tamén no campo do deseño, da teoría e do cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, na comarca da Plana Baixa, na aba da cordilleira de Espadá (5.284 h [1996]). Os principais cultivos son as laranxas, oliveiras e amendoeiras. Hai gandería avícola e unha pequena industria tradicional de oleiros (cerámica de Betxí, melada e negra). A vila, de orixe islámica, trala conquista pertenceu aos señores, despois marqueses, de Ariza. Entre o patrimonio cultural cómpre salientar os xacementos ibéricos e romanos e o claustro renacentista do pazo señorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura da función trigonométrica cotanxente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario humorístico republicano aparecido en Barcelona en 1872. Cesou a súa publicación o 6 de xaneiro de 1939 (nº 3.097). Editado pola familia López, propietaria da Librería Española e da publicación La Campana de Gracia, inicialmente tirou do prelo números soltos. As súas críticas centrábanse na clase política, especialmente na municipal. Trátase da segunda publicación de maior traxectoria en lingua catalana, que chegou a contar cunha tiraxe de 35.000 exemplares en 1936. Nela colaboraron destacados ilustradores, caricaturistas e humoristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, na Merindad de Pamplona, 40 km ao NO da capital (2.372 h [1996]). A industria, na que destaca a fabricación de pequenos electrodomésticos, é o principal sector de actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, no val do río Nervión (6.374 h [1996]). A proximidade a Bilbao fixo que o espazo industrial aumentase considerablemente. As principais industrias pertencen ao sector metalúrxico. A agricultura supón unha pequena porcentaxe en relación aos demais sectores. Tamén son importantes os servicios, que reúnen un gran número de pequenas e medianas empresas.

    VER O DETALLE DO TERMO