Altube Lertxundi, Sebero

Altube Lertxundi, Sebero

Escritor e lexicógrafo vasco, puntal científico do rexurdimento literario en éuscaro de comezos do s XX. No 1918 foi un dos doce primeiros membros da Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca). Escribiu artigos, opúsculos e libros sobre aspectos gramaticais do éuscaro, distinguíndose como defensor dun idioma a un tempo popular e científico. Autor de La vida del Euskera (1934-1936).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arrasate, Gipuzkoa

  • Deceso

    Lugar : Gernika, Bizkaia