"xil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 207.

  • Nome xenérico dos grupos RO- que resultan da eliminación do hidróxeno de hidroxilo dun alcol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ingresou na Compañía de Xesús en 1762 e, cando se produciu a   expulsión desta orde de España en 1767, marchou xunto a eles a Boloña. Publicou o poema latino Carmen patrium sive Pontevedra (1787). Xoán Manuel Pintos reproduciu este poema na foliada cuarta de A gaita gallega (1853) e fixo do mesmo unha tradución libre en lingua galega que, co título Canto á miña terra ou sea Pontevedra, reproduciu na foliada sexta do mesmo libro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e funcionario da corte carolinxia. Membro da Academia Palatina coñecido polo alcume Homero que compuxo poemas históricos. Abade laico de Centula (790), ou Saint-Riquier, foi o restaurador da abadía, que baixo o seu goberno coñeceu a súa época máis florecente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome común dun tipo de rochas sedimentarias non consolidadas, formadas principalmente por silicatos de aluminio hidratados, de diámetro inferior aos 0,001 mm. Teñen propiedades máis ou menos plásticas, refractarias e absorbentes e desengraxantes en seco. Cando se empapan de auga poden aumentar de volume ata un 40% ou 50%, e vólvense plásticas e brandas (ráianse coa unlla), ata chegar a perder a cohesión e a dispersarse na auga dando unha disolución coloidal. Se se cocen non se deforman, senón que se endurecen; apértanse un pouco e cambian de cor se conteñen óxidos de ferro. As arxilas poden ter unha orixe detrítica ou química; no primeiro caso (ou máis frecuente) fórmanse por residuos sólidos desprendidos pola alteración química das rochas (granitos, gneis e outras) e dispostas nas concas sedimentarias (arxilas detríticas); noutros casos, as arxilas poden formarse por precipitación química nas augas mariñas, a partir da alumina coloidal e do sílice achegados polos ríos (arxilas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Fonsagrada. As súas armas levan, en campo de azul, un terreo arxiloso. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Arxilar, Arxiloso e Arxileiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir de arxila.

    2. Mellorar a calidade dos terreos areosos ou secos botándolles unha capa de arxila.

    3. Poñer esponxosa ou branda unha cousa para que ocupe máis espazo do que ocupaba antes.

    4. Mellorar o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da planta que ten preferencia polos terreos arxilosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abundante en arxila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila endurecida a consecuencia dunha simple compactación ou ben por impregnación de sílice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación dunha rocha compacta ou dun mineral en arxila. O tipo máis corrente de transformación é a que sofren diversos minerais como a mica e, nalgúns casos, os piroxenos e os anfíbolos. Consiste en moitos procesos de hidratación con substitucións de ións que provocan cambios de estrutura. Resultan diversas menas de arxilas, cada vez máis alteradas (ilítica, vermiculítica, montmorrillonítica) que gañan en poder de intercambio de ións. Un caso particular de arxilización é a caolinización. Durante a arxilización libéranse diversos ións interesantes para as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘arxila’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén arxila ou é abundante en arxila.

    2. Semellante á arxila.

    3. Estrutura das rochas sedimentarias formadas por depósitos acuosos e elementos moi pequenos e de variada composición mineralóxica e química, como nas margas.

    4. Solo cunha proporción de arxila superior ao 30%. Corríxense os solos arxilosos mediante a adición de area -que os fai máis porosos-, cal vivo ou varredallas (para diminuír a cohesión entre as partículas), materia orgánica (co fin de rebaixar a tenacidade do solo) ou facendo formigueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de hisopo ritual empregado na Roma da Antigüidade.

    2. No culto católico, instrumento empregado para espallar auga bendita na acción de bendicir con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Micose producida polo fungo Aspergillus fumigatus que afecta a mamíferos e, especialmente, aves domésticas. A forma máis importante que afecta aos mamíferos, o ser humano incluído, é a asperxilose pulmonar que ten síntomas análogos aos da tuberculose polo que se poden confundir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (554-567). Estableceu a corte en Toledo e amosouse tolerante cos cristiáns. Loitou pola unificación peninsular e conquistou Sevilla aos bizantinos, aínda que ao morrer subsistiron as posesións de Bizancio, ao sur, e o reino dos suevos, ao noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal sódico do ácido arsanílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropas auxiliares do exército romano. Os seus membros eran recrutados entre peregrinos, é dicir, non-cidadáns; estes recibían o dereito de cidadanía condo se licenciaban do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO